Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 29 de diciembre de 2008

Derrota demasiado abultada en Brión (5-1)

O Ames visitou Brión pretiño do Nadal co obxectivo de sorprender no seu feudo ao segundo clasificado na liga. Nada máis lonxe da realidade xa que o Ames saíu goleado, iso si, estando en inferioridade numérica durante máis de sesenta minutos, tempo no que mereceu empatar antes de que se decantase o encontro na recta final. O Brión comezou mellor, co Ames presionando sen demasiada orde e sen harmonía entre as liñas, o que abriu ocos nas bandas. Os visitantes apenas tiñan o esférico, e o Brión empuxaba sen chegar. Ata a xogada do primeiro gol, que chegou nunha boa triangulación pola banda dereita do ataque local, con pase da morte que o dianteiro brionés anotou case a pracer. Co gol en contra, o Ames intentou tocar no medio e abrir o xogo ás bandas, con moitas dificultades. Nunha perda chegou unha contra local, que deixou a un dos dianteiros enfilando meta, e Fran, na frontal da área derrubouno, interpretando o colexiado que estaba dentro da área. Penalti e expulsión. Co dous a cero e con dez xogadores aos vinte e cinco minutos, o Ames afrontaba unha tarea difícil. Con todo, cun home menos o equipo visitante axustou mellor as liñas con Nito de central, e tivo máis o esférico, creando perigo a balón parado e con algunha que outra chegada polas bandas. Llello puido reducir distancias cun gran disparo á cepa do poste, pero o porteiro local desviou a córner. Nito fixo unha boa internada desde a defensa regateando a varios contrarios pero o pase interior saíu longo e atallouno o gardamallas brionés. O Brión puido marcar o terceiro nun par de ocasións, pero non estivo acertado. Na reanudación, o Ames saíu decidido a recortar distancias, con Miki de central e Nito no medio do campo, e coa entrada de Pose e Coleguín. Pouco a pouco comezou a ter o balón e a ter máis presencia en ataque, poñendo dos nervos ao conxunto local. Foron sen dúbida os mellores minutos dos amienses. Coleguín mandou un tiro ao longueiro, Llello intentou o remate pese a que lle fixeron penalti, e Diego non puido rematar por pouco e a bocajarro un centro de Pose desde a banda esquerda. Noutra xogada, Diego habilitou a Nito cun pase a lo Laudrup, pero o porteiro tocou antes o esférico que o dianteiro amiense, impedíndolle o remate. Co Ames volcado, chegou o terceiro gol do Brión, que aproveitou os espacios nunha contra finalizada cun remate dentro da área. Co partido medio sentenciado, o Ames seguiuno intentando. Diego case sorprende ao porteiro local nunha falta desde o lateral do medio campo, e Nito e Llello tiveron varias chegadas e triangulacións sen éxito. O Brión anotou o cuarto e quinto goles á contra, un deles en fóra de xogo, e outro anotado por Diego en propia meta querendo despexar. O gol da honra para o Ames anotouno Diego, tras centro de Coleguín desde a dereita, que Llello toca de cara para o central amiense, que bateu por raso ao cancerbeiro local. O encontro tivo numerosas interrupcións polo xogo bronco de ambas escuadras, co Ames impotente ao non saír as cousas, e cun Brión chulesco, como se a posición na táboa o eximise de levar patadas coma os demais. En fin...

No hay comentarios:

Fotos do Ames