Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 9 de diciembre de 2008

Derrota do Ames en Tordoia nun mal partido (3-2)

O Ames visitou este domingo terras de Tordoia para enfrontarse ao equipo filial nun campo onde nunca se venceu, e tan só se conseguiu puntuar na temporada pasada. O Ames comezou frouxo o partido, con pouca posesión, pero intentando trenzar algunha que outra xogada combinativ acando conseguíua rete-lo no seu poder. O Tordoia B chegaba con certo perigo polas bandas, mentres o Ames intentaba estar ordeado sen moito éxito. O primeiro gol do encontro chegou sobre os quince minutos, cando unha xogada persoal do extremo esquerdo local acabou nun centro rematado de primeiras polo atacante do Tordoia B, nun remate que se elevou ante a sorpresa de Diego e Juan, que apenas puideron reaccionar ante un disparo tan repentino. Antes do empate amiense, o conxunto local lanzou unha falta que entre Juan, molestado polo sol de frente, e o longueiro non acabou en gol por pouco. Mediada a primeira parte chegou o empate. Diego colgou unha falta con rosca ao segundo pao, moi semellante á do gol da semana anterior contra o Calo B, que tras remate de Nito, o esférico quedou rexeitado para que Juansiño anotase a bocajarro. Os cinco minutos anteriores e posteriores ao gol foron os mellores do Ames en todo o partido, con varias chegadas que a piques o adiantan no marcador. Nin Diego, nin Nito nin Roi foron quen de rematar un córner ben posto por Llello. Noutra ocasión, Nito centrou unha falta desde a esquerda que un defensor local despexou cando Diego estaba a piques de peina-la en dirección á meta. O Tordoia B case se adianta en varias ocasións. Outra vez o longueiro rexeitou unha falta ben botada por un mediocampista local. Juan interviu ben nun par de mans a mans que sacou cos pés, e co empate chegouse ao descanso. Na reanudación, o Ames saíu relaxado, primeiro, e logo impotente, tras encaixar dous goles seguidos e ver como non saía nada do pouco que se intentaba. A primeira xogada do segundo tempo, derivou nun saque de banda, e este, nun pase interior ao extremo esquerdo, que desta vez si bateu a Juan por baixo nun posible fóra de xogo. Cinco minutos despois, unha falta na frontal, rozou na barreira amiense e colouse na meta visitante sen que nada puidese facer Juan. Co tres a un, o Ames botou dez minutos groggy, con pases imprecisos e nervos que impedían a reacción. Pese a todo, o conxunto local tamén se puxo nervioso e comezou a empregarse con dureza, empuxados pola impotencia dos amienses, que tamén fixeron demasiadas faltas froito da desesperación e a ansia por remontar. Esta puido chegar mediada a segunda parte, cando Diego estrelou un cabezazo no longueiro logo de que Roi peinase un córner cara atrás, e cando Adrián non concretou un man a man que o porteiro local rexeitou co pé a córner. O Ames seguiu empuxando con máis corazón que cabeza, e recortou distancias a falta de cinco minutos para o final do encontro, nunha contra finalizada por Llello cunha vaselina ante a saída do porteiro do Tordoia B. Na recta final, cabe lamentar a entrada durísima que recibiu Nito do central local, o que provocou unha pequena tángana sen consecuencias. Na penúltima xogada do encontro, Juansiño viu a segunda amarela de xeito inxusto, por supostas protestas que o árbitro se inventou. Uns dez minutos antes o Tordoia B tamén se quedara con dez por dobre amarela dun dos seus mediocampistas. Ao final, derrota nun mal partido do Ames, que se mantén noveno.

No hay comentarios:

Fotos do Ames