Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 6 de octubre de 2008

Victoria cómoda e insulsa do Ames contra o San Marcos B (3-0)

O Ames levou os tres puntos nun partido soso, sin historia e sen demasiada intensidade nin bo xogo. Desde o principio o Ames levou a batuta, salvo nun par de xogadas de despiste que non levaron perigo para a meta de Fuentes. A verdade é que o partido pódese resumir no seguinte: o Ames levando un perigo desorganizado en ataque, e deféndendose poñendo o xusto en defensa. Así chegou o primeiro gol, aos quince minutos aproximadamente, nunha xogada ben trenzada pola banda, na que Juansiño puxo un bo centro para que Pose cabecease ao fondo das mallas. Polo San Marcos B só houbo unha chegada, que Fuentes desviou seguro a córner. O Ames levou a cabo unha gran xogada combinativa entrando pola esquerda, semellante á do gol pero con máis xogadores entrando en xogo, que finalizou cun centro de Juansiño e cun remate de cabeza de Llello que saíu rozando o longueiro da meta rival. Outra das xogadas perigosas da primeira metade veu dunha falta botada por Miguel desde o lado esquerdo, que Roi cabeceu ben buscando a segunda xogada, á cal non chegou Diego. O primeiro tempo rematou co segundo gol do Ames. Miki, facendo unha diagonal desde o lado esquerdo cara o medio, viu moi ben o desmarque de Llello na esquerda, e lanzou un pase "a lo Laudrup" que o "ariete" finalizou ben e raso polo primeiro pao. Trala reanudación, o Ames saíu durmido e relaxado, contaxiado da apatía do rival. Con todo, o San Marcos B non chegou con perigo, tan só nunha xogada cun gol anulado en claro fóra de xogo. O Ames seguiu cun ataque deslabazado e con despistes atrás. En ataque, sobre todo creouse perigo a balón parado, cun remate de bolea Diego (calcado a un de Chete na primeira metade), que saíu por riba do longueiro. Pose puxo a nota acrobática do partido, ao rematar de tixereta ante o porteiro un centro desde a esquerda, pero o balón saíu novamente lambendo o travesaño. Preto do remate do encontro, unha man clara na área visitante con empurrón engadido derivou nun penalti. Diego lanzou e marcou con apuros, xa que o porteiro chegou a tocar o balón, pero a potencia do lanzamento evitou que puidese para-lo. Ao final, tres a cero pero pudieron ser cinco ou seis. Estamos sétimos, empatados co Deixebre, o noso próximo rival, e co Rial.

No hay comentarios:

Fotos do Ames