Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 13 de octubre de 2008

O Deixebre superou ao Ames cunha pizca de fortuna (2-0)

O Deixebre aliouse coa fortuna para derrotar ao Ames nun encontro bastante igualado no que
os amienses puideron sacar cando menos un punto logo do exposto no terreo de xogo. O inicio do encontro amosou que ía ser intenso pero tamén desvelou que o Ames estaba no partido. As primeiras chegadas do Deixebre foron despexadas con orde e contundencia pola defensa visitante, o que provocaba contras perigosas para o Ames con Juansiño, Llello, Pose e Coleguín como artífices. No minuto 15 chegou a xogada polémica. Nun centro desde a esquerda, un atacante local recibiu o balón en posición dubidosa, centrou e atallou Fuentes, con tan mala sorte que se lle escapou o balón un nada, e chegou outro atacante do Deixebre, que en clara falta ao porteiro, rematou o balón cara o fondo das mallas. O gol subiu ao marcador, pero o Ames refíxose de seguido, e comezou a apretar en ataque ao conxunto local. As mellores oportunidades do primeiro tempo foron para o Ames. Llello (ou Pose?) disparou desde a esquerda case sen ángulo rozando o longueiro. Diego rematou de chilena un rexeite nun córner e un defensor local acertou a despexar de cabeza cando o balón ía para a meta, e Miki disparou desde fóra da área con máis susto que perigo. Por parte do Deixebre, un par de remates desviados e pouco perigo real. Na reanudación o encontro seguiu polos mesmos derroteiros, co Ames saíndo en contras perigosas e co Deixebre contundente atrás e chegando a contagotas adiante. Diego puido empatar nunha falta desde a frontal que saíu lambendo o longueiro. Pero a fortuna volveu estar de cara do Deixebre, que nunha xogada pola banda dereita marcou o segundo gol. O centro do mediocampista local envenouse de tal xeito que cun pouco de rosca, colleu a Fuentes despitado, e colouse polo segundo pao, dándolle ventaxa de dous goles ao Deixebre. Pese ao gol, o Ames seguiuno intentando, aínda que comezaron a quedar máis ocos no mediocampo. A oportunidade máis clara foi un gran remate de cabeza de Pose, que rexeitou o gardamallas local nunha gran intervención. O rexeite foi cara Fran, que non deu reaccionado a tempo, e só puido tocar o balón coa cabeza. Juansiño aproveitou un bo pase desde a defensa para colarse en diagonal dentro da área, pero o seu disparo en semibolea ao primeiro pao, foi rexeitado polo meta do Deixebre a córner. Os da casa puideron facer o terceiro en dúas ocasións. Nunha delas, a Fuentes escapóuselle o balón cando o tiña debaixo súa, pero o atacante local precipitouse e lanzou rozando o poste a meta vacía. O mesmo atacante controlou ben na área un centro desde a banda, pero Miki xogouse o tipo para estorbar o xusto e despexar o balón ao tempo que remataba o rival. O final quedou empañado pola expulsión de Roi tras reaccionar a un par de patadas duras dun rival con outra que todo o mundo viu, e pola posible lesión do noso Moncho, que recibiu unha falta de cando menos cartón laranxa que o deixou coxeando. Con esta derrota, o Ames sitúase noveno con sete puntos. Os mellores do encontro e os que recibirán puntos bonus foron Miki, Diego e Juansiño.

No hay comentarios:

Fotos do Ames