Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

lunes, 27 de octubre de 2008

A garra, os cambios e o acerto en ataque danlle o derbi ao Ames (1-3)

O Ames derrotou ao Bertamiráns B nun derbi intenso con dúas partes para cada equipo: na primeira, o Bertamiráns B foi superior ao Ames e na segunda, os amienses foron mellores e tiveron máis acerto. O partido comezou co equipo local despregando un xogo de contras en largo e abrindo o esférico ás bandas, provocando moitas dificultades á defensa do Ames. Unha excesiva distancia entre liñas no Ames provocaba un dominio case total do Bertamiráns B. Os visitantes só podían despexar balóns unha e outra vez, xa que o esférico acaba sempre en mans locais. Tan só Nito aguantou en varias ocasións o balón invitando ao equipo a adiantar as liñas, pero costaba moito pois estaba case sen apoios. Mediada a primeira parte chegou o gol local. A defensa do Ames non foi quen de despexar o balón das inmediacións da súa área, e o atacante do Bertamiráns B, Brasi, enganchou unha bolea que se colou cerca da escuadra do primeiro pao. Co gol en contra, o Ames intentou subir un pouquiño, pero apenas se trenzaban dous pases seguidos, e o Bertamiráns pronto recuperaba o balón saíndo rápido á contra. Nos últimos quince minutos do primeiro tempo, o Ames conseguiu ter un pouco máis o esférico e chegar tímidamente á área local, pero tan só a balón parado e nalgunha que outra boa acción de Nito. Antes de ser substituído por lesión, Juan salvou ao equipo con dúas boas paradas a bocajarro. Na segunda metade a cousa cambiou, o Ames xuntouse e puxo o mono de traballo. Estivo máis seguro atrás, precipitouse menos co balón no seu poder, e estivo máis encima da media local. Os cambios déronlle outro aire ao equipo, que comezou a xogar máis seguro e alegre, e a chegar á área do Bertamiráns B. O empate chegou a balón parado. Miki lanzou unha falta desde o costado esquerdo, abaixo e axustada ao pao, anotando o seu primeiro gol da temporada. Co empate o Ames colleu moitísima confianza e comezaron a funcionar as combinacións no costado esquerdo entre Nito, Miki, Pi e Llello, con un perigoso Adrián entrando e centrando ben desde a banda contraria. O segundo gol naceu dun saque de falta desde a medular de Diego buscando a Nito. Este desputou de cabeza co seu par, e habilitou a Fran dentro da área, que só ante o porteiro, enganouno retornando á senda do gol despois de moito tempo. O terceiro gol chegou moi pegadiño ao terceiro, co Ames dono por completo do esférico e do encontro. Diego sacou rápido en corto para Miki, que viu e entrada en diagonal de Nito, que volveu ser Don Nito peinando o balón cara atrás e anotando o terceiro ante o estupor da defensa e o porteiro local. E puido haber máis goles, para ambos conxuntos, Llello tivo dúas boas internadas desde a esquerda que a piques sentencian o encontro. Adrián lanzou dous bos centros desde a dereita que por pouco atopan rematador. Polo Bertamiráns B, creou certo perigo nos últimos minutos e a balón parado, pero Fuentes estivo moi ben con dúas paradas de grandes reflexos. Ao final, victoria importante que fai que o Ames suba uns cantos postos ata situarse quinto.

1 comentario:

a dijo...

Qué pena non poder estar no derbi!!!!

Fotos do Ames