Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

miércoles, 22 de octubre de 2008

O Ames vence ao Resmón arrollando na primera parte e sufrindo na segunda (2-1)

O Ames colleitou a súa terceira victoria da tempada, todas na casa, desta volta fronte a un Resmón que no primeiro tempo foi un boneco grogy nas mans do Ames. A sorte do conxunto visitante foi que o Ames non estivo demasiado acertado en ataque. Sí o estivo Nito, que pronto abriu o marcador aproveitando unha asistencia desas que fai Cool de cando en vez. Nito recolleu o esférico na frontal da área e cruzouno lonxe do porteiro visitante. Co 1-0 o Ames lanzou a por máis goles, e o segundo puido chegar tras un centro de Miki desde a dereita que Diego rematou fóra, só, en semifallo. Pouco despois Diego sacou unha falta desde o lateral da medular, Llello gañoulle as costas ao seu par e centrou para que Nito, con tempo dentro da área, pudiese controlar, amagar e bater fácilmente ao porteiro do Resmón. Co dous a cero e vinte minutos por diante, o Ames seguiu controlando o partido, e chegando en perigosas combinacións rápidas entre Juansiño, Nito, Pose, Miki e Llello. A verdade é que se viron momentos de moi bo fútbol, con varias ocasións de incrementar a vantaxe. Juansiño disparou cruzado pero o porteiro rexeitou a córner, Diego lanzou unha falta que saíu preto do longueiro... en fin, moitas chegadas, paredes e remates que a piques acabaron en gol. Pero o Resmón aproveitou un córner no minuto 40 para meterse no partido. Un centro ó primeiro pao foi cabezeado ás mallas por un atacante visitante. Co 2-1 e trala reanudación, o Ames non arrollou pero tivo algunha que outra ocasión para aumentar a vantaxe. O Resmón animouse e foi botando ao Ames cara atrás, relegando as súas chegadas ao contragolpe. Diego tivo a sentencia tras unha deixada de Nito dentro da área, pero encheuse de balón e fallou novamente cando estaba só. A balón parado seguiuse creando perigo, e igualmente nas saídas á contra. Pero os últimos quince minutos de encontro foron de frontón. O Resmón comezou a colgar cada vez máis balóns á área, e nunha desas anoutou, iso sí, en claro fóra de xogo. A defensa do Ames defendeuse ben e aguantou o chaparrón, con boas intervencións de Juan e con despexes contundentes que apagaban o lume por momentos. Nito tivo outra oportunidade para aliviar o partido, pero o seu remate desde a frontal, sen pensa-lo nada máis recibir o balón, foise lambendo a escuadra da meta do Resmón. O Ames arrollou na primeira metade e defendeuse ben cando tocaba. Victoria merecida e corta a merced do visto no terreo do xogo. Por certo, moi mala actitude do porteiro visitante, recriminándolle ao árbitro en todo momento as súas decisións, aínda cando lle favorecían sempre tiña algo que dicir. Ao final demostrou ser un malencarado rexeitando os saúdos do rival. Lamentable. Ánimo rapaces, hai que seguir na boa senda!!!  

No hay comentarios:

Fotos do Ames