Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

martes, 2 de septiembre de 2008

O blog do Ames estrea contido: a Liga Fantástica!!!

Para facer máis animado o blog durante a semana, ademais das enquisas, imos comezar a puntuar aos xogadores da plantilla segundo rendemento. Para iso, ímonos guiar polo sistema de puntuación da "Fantasy Football Premier League", que é unha especie de Liga Fantástica coma a que fai o diario Marca pero a través de Internet e con mellores baremos de puntuación. Aquí vos desgrano a táboa de puntuacións, e adxunto link para aqueles que lles guste a Premier e queiran facer un equipo e xogar en rede: www.premierleague.com:


Por participar nun partido: 1 punto
Por xogar polo menos 60 minutos: 2 puntos
Por cada gol anotado por un porteiro ou defensa: 6 puntos
Por cada gol anotado por un centrocampista: 5 puntos
Por cada gol anotado por un dianteiro: 4 puntos
Por cada asistencia de gol: 3 puntos
Cada vez que un porteiro e un defensa manteñan a portería a 0, tendo xogado cando menos 60 minutos: 4 puntos
Cada vez que un centrocampista manteña a porta a 0, tendo xogado polo menos 60 minutos: 1 punto
Cada 3 paradas dos porteiros: 1 punto
Por cada penalti parado: 5 puntos
Cada penalti fallado: -2 puntos
Puntuación extra para os 3 mellores xogadores de cada partido: entre 1 e 3 puntos a repartir polos tres mellores.
Por cada 2 goles concedidos polos porteiros e a defensa: -1 punto
Por cada tarxeta amarela: -1 punto
Por cada cartón vermello (sumando ademais, de se-lo caso, o cartón amarelo anterior): -3 puntos
*Se un xogador é expulsado, séguenselle descontando os goles encaixados polo equipo despois da súa expulsión.


Ben, este é o sistema que usan neste xogo de Internet sobre a Premier, nós despois de cada partido imos sumar os puntos positivos e negativos de cada xogador e ir colgando no blog as puntaucións de cada un nese partido, e a clasificación xeral. A ver quen é o mellor xogador da temporada!!!

P.D.: Pode parecer moi lioso, pero non é tanto, póñovos un exemplo: no partido contra o Rois, Juansiño xogou máis de 60 minutos (2 puntos), deu unha asistencia de gol (3 puntos) e marcou outro gol (4 puntos por ser dianteiro), polo que sumaría 9 puntos nesa xornada. E así con cada un!!!!! Ala, ata a noite, vide entrenar!!!!!

2 comentarios:

Frannavaro dijo...

esto da liga fantastica,ca puntacion,esta cojonudo diego.moi boa idea!!!!!

Diego Villaverde dijo...

A idea foi máis ben de meu irmán, pero entre os dous perfilamos como face-la jeje...

Fotos do Ames