Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 8 de septiembre de 2008

Debut ligueiro do Ames con empate en Ortoño (2-2)

O Ames comenzou a liga cun empate sufrido en Ortoño, campo sempre complicado. O primeiro en golpear no derbi foi o Ortoño, gracias a un lanzamento de falta de Koky que sorprendeu a Dani tras facer un estraño no aire. Co marcador en contra aos 5 minutos, o Ames tardou en centrarse no partido, e perdíase en imprecisións e pérdidas de balón froito do nerviosismo. Todo cambiou cando Roi, Pose, Nito e Juansiño comezaron a trenzar xogadas de toque rápido con paredes que enchufaron ao equipo ó partido. O Ortoño apenas inquietou máis en ataque, tan só a balón parado. E o Ames pouco a pouco foi chegando con máis peligro. Nito viu como se lle anulaban un par de arrancadas desde o medio campo por fóra de xogo. Pose tivo a ocasión máis clara do encontro. Nunha magnífica triangulación entre Nito, Roi e Juansiño, o esférico chegou a Pose, que só ante Arturo, lanzou un bo disparo que se foi por alto rozando o longueiro. Por certo que o Ortoño quedouse con dez aos vinte e cinco minutos aproximadamente, cando Bolaño viu a segunda amarela. Ata o descanso, o Ames foi incapaz de empatar, pero deixou sensación de que en calquera momento podería chegar o gol. Na reanudación, o Ames saíu decidido a anotar, e conseguiuno Nito nun magnífico lanzamento de falta. O seu disparo, potente e abaixo, sorprendeu a Arturo, que rozou o esférico pero non puido evitar o empate. Co empate, ambos conxuntos baixaron o ritmo debido ao abafante calor rexistrado na tarde do domingo. Durante uns quince minutos o xogo perdeuse en balonazos sen sentido e mediocampismo caótico. Pouco a pouco o Ames recuperou forzas e trenzou novas triangulacións perigosas ás que se sumaron Miki e Pelícano no costado dereito. E nisto chegou o 2-1 para o Ortoño nun corner que sorprendeu á defensa amiense. O atacante local rematou só ante Dani poñendo por diante aos seus. Con apenas un cuarto de hora por diante, o Ames lanzouse á desesperada a polo empate. Pose acompañou a Nito na dianteira, con Juansiño e Coleguín polas bandas. Atrás entraron Iván e Moncho para darlle aire a unha defensa extenuada. E o gol chegou cando restaban uns cinco minutos para o final. Antes, Pose puido marcar nun remate de cabeza tras un córner, e Miki viu como lle repelían un bo disparo desde a frontal. Tamén Juansiño cruzou demasiado o seu disparo desde a dereita. O dito, o gol chegou novamente desde as botas de Nito, que recolleu un rexeite na área, preto da línea de fondo, e tras un amague, colou o esférico polo primeiro pao. Pese ás reclamacións dos xogadores do Ortoño por un posible fóra de xogo, parece ser que había un defensor a carón de Nito, e outro con Roi no segundo pao. Ao final, empate que deixa ao Ames e ao Ortoño na sexta e sétima praza.

No hay comentarios:

Fotos do Ames