Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 16 de septiembre de 2008

O Ames vence ao Rial cun gol de Don Nito na recta final (2-1)

Victoria pouco menos que agónica do Ames nun encontro que, coma ven sendo habitual, comezou cun gol en contra para o noso equipo. Apenas cumpridos catro minutos de xogo, un mal despexe da defensa local deixou un balón morto a tres cuartos de campo, que un medio do Rial aproveitou para colocar por riba de Fuentes adiantando ao seu equipo. Os nervios iniciais do Ames aumentaron ao verse por debaixo no marcador, e unha gran distancia entre liñas, e a vida solitaria de Don Nito adiante (a partir de agora ímoslle chamar así, salvo se fai un mal partido, que volverá a ser Nito) , dificultaron que a defensa recuperarse o pouco aire que se podía tomar nunha xornada tan calurosa. Pero o Rial, que nos primeiros vinte minutos deixou boa impresión, cometeu un erro, gastarse moito na primeira metade, e non puido aproveitar as dúas ou tres ocasións que tivo nesa metade do partido. O Ames, máis desnortado que cansado, apretou algo máis no segundo tramo da primeira metade, sobre todo a balón parado, e con algunha xogada de Don Nito na frontal, que aguantando a bola en solitario, creou bastante sensación de perigo, aínda que sen chegar a ter tiros claros. E nunha destas, Miki colgou un balón con rosca ao segundo pao que Diego, medio rematando e medio deixando o esférico en xogo dentro da área, puxo en bandexa a Roi, que rematou picado establecendo a igualada. Bocanada de aire para o Ames, que se foi ao descanso cun empate. Na reanudación, o Ames impuxo un ritmo máis alto, e coa entrada de Juansiño, acabouse a vida triste de Don Nito arriba. Juansiño comezou a facer arrancadas en diagonal con moita velocidade, desfacendo os esquemas da defensa rival. Entre el, Pose e Don Nito comezaron a crear ocos e chegadas con perigo. Pero séguenos faltando remate. Un deles veu dos pés de Diego, novamente a balón parado, ao bolear por riba do longueiro unha falta botada por Miki. Por parte do Rial as chegadas comezaron a ser balóns en longo que se perdían polos laterais sen apenas perigo real. E a falta duns doce minutos, Miki viu o segundo cartón amarelo, e o Ames quedou con dez. E nestas, o equipo viu que había que estar xuntiños atrás e saír rápido á contra, e coa entrada de Iván e Gonzalo frescos atrás, e un Coleguín que xa levaba uns minutos dando guerra arriba, o Ames sacou o partido adiante. Seguro atrás, e con máis pegada adiante, houbo dúas oportunidades para desnivelar o encontro. Coleguín non chegou ao remate no segundo pao, e Juansiño lanzou unha bolea fóra. A xogada do gol naceu a balón parado. Diego colgou desde a liña de mediocampo unha falta con moita parábola que Don Nito rematou maxistralmente a bote pronto ao fondo das mallas ante un dubitativo porteiro. Antes do remate e co dous a un, Don Nito tivo un par de faltas á barreira. Victoria importante para comezar a tempada nos primeiros postos.

No hay comentarios:

Fotos do Ames