Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 21 de abril de 2008

O Ames retorna á victoria cunha goleada ao Touro

O Ames volveu a vencer despois de seis partidos nos que se colleitaron cinco empates e unha derrota. Con esta victoria, a novena praza está asegurada matemáticamente, no que supón a mellor clasificación da nosa recente historia. O partido , que finalizou con 0-4 para o Ames, púxose de cara moi pronto, cando Diego aproveitou un gran centro de Llello e un bo arrastre de Miki no primeiro pao, para picar o balón coa cabeza entre as pernas do porteiro local. Co gol tan tempraneiro, o Ames soltouse un pouco e comezou a tocar ben en defensa e no medio, con bos balóns cara Llello, Barri e Coleguín. Nun rexeite ao borde da área, Barri enganchou unha bolea que deu no poste esquerdo e entrou subindo o cero a dous ao marcador. O Touro, que pese a xogar con nove, realizou boas combinacións na primeira metade, tivo un par de tiros lonxanos e unha falta desde a frontal que rexeitou Félix a córner. A partir dos vintecinco minutos, o Ames incurriu en numerosos fóras de xogo. Barri e Llello puideron marcar o terceiro antes do descanso, pero non acertaron no remate. Na segunda metade, Llello sacou rápido un córner e o remate de Diego foi interceptado coas mans por un defensor do Touro. Penalti que Diego marcou sumando oito goles xa na tempada. Logo, debutaron dous xuvenís, Adrián e Sergio, que xogaron moi bo partido, igual que Pose, autor do cuarto gol. Na segunda metade, o Ames fallou varias ocasións claras. Pose tirou cruzado e foise cerca do pao, e Diego precipitouse nunha diagonal desde a banda colándose por medio da defensa pero disparou ás mans do porteiro. Ao final, victoria por cero a catro, 24 puntos, e novena praza asegurada a falta dun partido para o remate da liga.

No hay comentarios:

Fotos do Ames