Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 14 de abril de 2008

O Ames empata a un gol nun partido no que puido golear

O Calo B arañou un punto do Castro nun encontro no que o Ames levou sempre a iniciativa e no que debeu vencer cómodamente. De feito, o Ames desperdiciou ata catro ocasións clarísimas que lle puideron dar os tres puntos. Desde os primeiros minutos o equipo local, que aínda tardou algo en asentarse, deixou constancia de que ía levar o peso do partido. Tralos compases iniciais de tanteo, o Ames comezou a chegar polas bandas, mentres o Calo se adicaba a dar pelotazos para que Raulito, un tipo máis tonto que pequeno, correse e brazease ata que pediu o cambio ós vinte minutos por un pinchazo. Antes diso, o Ames adiantaouse por mediación de Nito, que tras varios regates na área e combinacións con Che, chegou ante o porteiro, baterón pé con pé con balón por medio, e o noso dianteiro levouse a bola para marcar a placer. A reacción do Calo non se fixo agardar, pronto empataron nunha internada pola banda dereita. O centro atrás atoupou rematador no segundo pao. Empate a un gol e máis ocasións para o Ames. Nito disparou ó lado esquerdo da portería tras enganar ao porteiro, pero o balón saíu rozando o pao. Miki tirou ó longueiro nun barullo na área. Tralo descanso, o Ames saíu decidido a pola victoria. Novamente viñeron os minutos de asentamento, pero pronto o equipo local comezou a facer dano polas bandas, sobre todo coa entrada de Juansiño. Súas foron varias internadas pola esquerda que remataron con centro atrás. Nito tivo un par delas moi claras, principalmente unha case pegado ao pao na que o tiro se lle desviou cara fóra. Roi tamén puido adiantar ao Ames nun remate de cabeza cruzado tras centro de Diego. Posiño, Nito e Juansiño desaproveitaron novas chegadas. Polo Calo B reseñar dous tiros desde fóra da área que saíron por riba da meta de Félix. Por certo, que Félix estivo moi seguro nos tres ou catro balóns largos que o Calo B mandou aos seus dianteiros na segunda metade. Anticipouse sempre con rapidez e seguridade. E así rematou o partido, coa sensación de merecer máis se estivesemos acertados. O sábado, en Touro.

1 comentario:

Llello dijo...

Eu so queria dicir k Nito é un pakete..e k se olvide de collerme como pichichi...jajajajaja

Fotos do Ames