Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

lunes, 10 de marzo de 2008

O Ames empata co Resmón e aguanta a novena posición

21ª Xornada 09/03/2008

Descansa

-

-

Touro

Calo B

1

3

Dubra B

Tordoia B

1

1

Costoia

Sigüeiro

2

0

Trazo

Resmón

0

0

AMES

Luaña

2

1

Deixebre

Montaos

2

0

Ortoño

CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

1º

Luaña

45

20

14

3

3

56

23

2º

Sigüeiro

41

19

12

5

2

49

17

3º

Montaos

40

19

12

4

3

47

17

4º

Ortoño

39

19

12

3

4

46

19

5º

Trazo

34

18

10

4

4

45

18

6º

Deixebre

31

19

9

4

6

39

25

7º

Costoia

29

20

8

5

7

51

32

8º

Calo B

26

19

8

2

9

35

38

9º

AMES

18

19

4

6

9

30

44

10º

Resmón

16

20

3

7

10

19

34

11º

Dubra B

14

20

3

5

12

19

49

12º

Touro

10

19

3

1

15

15

97

13º

Tordoia B

6

19

1

3

15

20

58


GOLEADORES CSD AMES:


Llello

7

Nito

2

Diego

6 (2p.)

Benito

1

Miki

5

Chete

1

Barri

2

Manolo

2

Juansiño

2

Coleguín

2

Empate a ceros ante o Resmón nun partido soso

O Ames aguanta a novena praza nun partido frouxo ante o Resmón que sen embargo mereceu ganar sobre todo polo exposto na primeira metade. Desde o principio o Ames levou a iniciativa metendo ao Resmón súa área con boas combinacións entre Roi, Miki e Nito, e con Coleguín chegando ben desde a banda dereita. A primeira ocasión tívoa Diego nun córner que cabeceou buscando a segunda xogada cara Roi, que se atopou co balón moi baixo e difícil de rematar. O Ames seguiu dominando pero faltoulle remate a gol. Tan só puideron anotar Diego nunha falta e Roi e Coleguín nunha xogada dentro da área chea de rechaces que finalmente cortou o árbitro por man a favor do Resmón. Na segunda metade o Resmón adiantou un pouquiño as liñas e impúxose no medio do campo, con algunha chegada que inquietou a meta defendida polo debutante Félix. Este rexeitou a xogada máis clara para os locais, nunha internada do extremo esquerdo que tirou abaixo coa punteira, sacando ben Félix cos pés. Logo, o Resmón tivo outra clarísima, pero o atacante local, só dentro da área e en posición dubidosa, precipitouse e disparou coa perna mala lonxe da meta do Ames. A partir dos cambios, o conxunto visitante mellorou e subiu as liñas, con boas internadas de Juansiño pola esquerda. O Ames puido anotar en varias xogadas a balón parado, coma unha falta de Miki que sacou o porteiro preto da escuadra adornándose de máis. A cousa acabou en empate, novenos unha semana máis.

viernes, 7 de marzo de 2008

Horarios dos partidos desta fin de semana

Esta fin de semana temos partidos nas tres categorías. O sábado os xuvenís xogan na casa, no campo do Castro (Covas), contra o Milladoiro ás catro e media. Tamén o sábado os infantís xogan en Covas contra o Pontecesures ás once da mañá. E os afeccionados imos o domingo a Trazo a xogar contra o Resmón, ás 16:30, partido importantísimo. Por certo (afeccionados), xa se sabe a decisión do Comité de Competición con respecto aos encontros suspendidos: Resmón-Touro e Trazo-Montaos. O Resmón ten tres puntos máis (15 en total), porque o Touro non se presentou, así que lle dan o partido gañado por 3-0. Agora témolos detrás nosa, a dous puntos. E o Trazo-Montaos xogaráse próximamente, porque non se chegou a desputar por enfermidade de gran parte da plantilla do Montaos. Iso é todo, a entrenar todos!!!

martes, 4 de marzo de 2008

Xa podedes ver as fotos do Ames

Como podedes ver, no lado dereito do blog colguei unha presentación de fotos dos partidos co Costoia e coa Luaña. Se queredes ver as fotos máis grandes, clickades en calquera delas e ábrese unha pestaña nova que vos leva a unha presentación máis espectacular!! De todas formas se non tedes tanto tempo, se lle dades ao signo máis (+), a transición entre as fotos vai máis rápida!!! Tamén podedes ver os magníficos comentarios que acompañan a cada imaxe poñendo o rato enriba dela. Ala, o seguinte serán vídeos do ano pasado, pero con tempo que o das fotos deume bastante choio ata que lle pillei o truco!!! Veña, seguide así que o blog estáse animando!!!!

lunes, 3 de marzo de 2008

Derrotas dos equipos de xuvenís e infantís

Xa era hora de que lle prestáramos atención ás categorías inferiores do Ames, que esta tempada pois están sufrindo o cambio de categoría. Os xuvenís, que pese a iren de penúltimos teñen un equipo xeitoso (pero vago), deron imaxe de equipo na súa derrota en Dodro (3-0). Comezaron mal, cun gol na primeira xogada, pero aguantaron o resultado ata o final con ocasión para empatar. A cousa torceuse ao final coa expulsión de Félix e o Dodro rematou o partido con dous goles pasado o minuto oitenta. Máis clara foi a derrota dos infantís ante un rival da zona alta, o Milladoiro (14-0). Hai que comentar que os rapaces son case todos alevíns, e incluso hai algún benxamín, polo que as diferencias cos equipos rivais son enormes. Pese a todo, teñen dous equipos por detrás. Por certo, este domingo xogan cun deles en Covas, contra o Pontecesures, así que hai que ir anima-los a ver se suman a cuarta victoria da tempada. Os xuvenís xogan tamén na casa contra o Milladoiro. A ver que tal...

O Ames empata co líder nun partido que mereceu vencer

20ª Xornada 02/03/2008

Touro

1

3

Calo B

Dubra B

3

1

Tordoia B

Costoia

1

4

Sigüeiro

Trazo

2

0

Resmón

AMES

Diego (p.), Nito

2

2

Luaña

Deixebre

0

2

Montaos

Ortoño

-

-

Descansa

CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

1º

Luaña

42

19

13

3

3

54

22

2º

Ortoño

39

18

12

3

3

46

17

3º

Sigüeiro

38

18

11

5

2

47

17

4º

Montaos

37

18

11

4

3

45

17

5º

Trazo

34

17

10

4

3

45

16

6º

Deixebre

31

18

9

4

5

38

23

7º

Costoia

28

19

8

4

7

50

31

8º

Calo B

26

18

8

2

8

34

35

9º

AMES

17

18

4

5

9

30

44

10º

Resmón

12

18

2

6

10

16

34

11º

Dubra B

11

19

2

5

12

16

48

12º

Touro

10

18

3

1

14

15

94

13º

Tordoia B

5

18

1

2

15

19

57


GOLEADORES CSD AMES:

Llello

7

Nito

2

Diego

6 (2p.)

Benito

1

Miki

5

Chete

1

Barri

2

Manolo

2

Juansiño

2

Coleguín

2

O Ames empata un 0-2 ante o líder e está a piques de vencer


Gran partido do Ames ante o líder Luaña, que non fixo méritos para sacar un punto e que se relaxou cando tomou vantaxe. O partido comezou equilibrado pero coa Luaña un pouquiño mellor situada no campo, gañanado case tódolos balóns no medio do campo. O Ames estaba correcto, pero faltáballe un pouco de garra. A cousa ía tranquila, pero nunha das chegadas da Luaña, Juansiño intentou atrapar o balón antes de que saíse pola liña de fondo, con tan mala sorte que se lle escapou deixandoo nos pés do atacante visitante. Este centrou cara atrás e un compañeiro seu marcou despois dun par de amagues. O Ames quedou un pouco desconcertado, e nunha falta ao borde da área chegou o cero a dous en vinte minutos. Ante tal panorama, o Ames adiantou un pocuo as liñas e comezou a gañar máis balóns no mediocampo, trenzou algunhas combinacións boas polas bandas e chegaron as oportunidades. Nunha delas, Coleguín controlou co peito un balón na esquina dereita da área, e cando ía tirar ao borde da área pequena, foi derrubado. Penalti que se encargou de transformar Diego reducindo distancias. O empate puido chegar antes do descanso, cando Miki colgou unha falta desde a dereita que Nito prolongou no segundo pao, e Fran rematou abaixo, pero o porteiro visitante sacou ben cos pés. Fran tivo outro remate de cabeza nun córner que saíu algo desviado. Na segunda metade, a Luaña estivo desaparecida en ataque, e o Ames lanzouse a polo empate. Barri tívoo nos seus pés, pero o seu disparo só, diante do porteiro, saíu por riba do longueiro. A igualada chegou nun rexeite ao borde da área que Nito colocou ben de tiro raso no lado esquerdo da portería. Empate e quince minutos por diante para buscar a victoria. Roi puido cabecear a enésima falta lanzada por Miki desde a dereita, pero rozouna coa coronilla estirándose ao máximo. Houbo máis chegadas e oportunidades para levarse os tres puntos, pero a cousa acabou en empate e coa Luaña dando gracias por non perder. A liga aprétase por riba. O domingo, partido clave co Resmón para asegurar a novena praza.

Fotos do Ames