Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

lunes, 27 de septiembre de 2010

A páxina oficial da SD Ames, esedeames.blogspot.com, xa está en twitter

O CSD Ames xa ten perfil de twitter. A dirección deste blog decidiu dar o salto a esta rede social para formentar a interactividade entre os seus seguidores e usuarios, e xenerar debate arredor do clube mediante esta sinxela e útil ferramenta de comunicación.
O procedemento é moi sinxelo. Só tes que rexistrarte en www.twitter.com e lembrar o teu nome de usuario e o teu contrasinal. A continuación busca o nome "esedeames" ou ben directamente entra en www.twitter.com/esedeames e pulsa en "seguir". Así recibirás no teu perfil de twitter as actualizacións que fagamos a través de "esedeames".
Para comentar e interactuar con nós, é moi sinxelo, só tes que poñer no teu estado @esedeames e a continuación a túa mensaxe (por exemplo: @esedeames este domingo a polo Tordoia!!). Asimesmo podedes ir seguindo ao restos dos vosos compañeiros (diejino, frannavaroF4, MonchoGlz, miguelrockin) e ir deixandolle comentarios ou enlaces de vídeos, noticias, etc. que queirades compartir.
Ademais, na marxe de abaixo deste blog, poderedes ir seguindo "en vivo" as actualizacións de twitter de esedeames e dos nosos seguidores. Tamén podedes clickar directamente en "follow me on Twitter" para acceder ao noso perfil. ¡¡¡¡A comentar!!!!

No hay comentarios:

Fotos do Ames