Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 5 de abril de 2010

Goleada do Ames sobre o Deixebre para rematar a Liga na undécima posición (4-1)

O Ames rematou a Liga cunha victoria contundente sobre o Deixebre que se xestou na recta final da segunda metade. O partido comezou cos dous equipos tanteándose, sen moito xogo e con tímidas chegadas. O Deixebre lanzou un par de contras perigosas e nunha delas, Diego saíu ao cruce do atacante visitante e no seu despexe, o dianteiro caeu ao chan dentro da área. O colexiado, moi alonxado da xogada, sinalou penalti sen dubidalo, nunha decisión moi discutida polos xogadores do Ames. O Deixebre adiantouse e o Ames encheuse de nervios. Pero pouco a pouco recuperou o sitio e foi chegando con perigo. Miki intentouno cun disparo lonxano que atallou o gardamallas visitante, e máis tarde nunha reviravolta na área que despexou un defensor. Tamén Nito e Roi tiveron varias combinacións preto da área que non se acabaron de concretar. Diego e Adrián puideron facer o empate nun córner e nun saque de banda longo de Gamarra, pero a defensa visitante tapou "in extremis" os seus remates. O Deixebre seguiu chegando con contras perigosas, pero sen demasiado perigo. Na reanudación, o Ames cambiou de esquema, pasando a un 3-4-3 que se convertía nun 5-4-1 en defensa. Pero esta variante apenas fixo falta, xa que o Deixebre adicouse na segunda parte a meter balóns en longo a través do seu porteiro. En cambio, o Ames controlou o esférico e comezou a crear perigo pouco a pouco. O empate chegou tras un centro de Miki a perna cambiada que Neo cabeceou ao fondo das mallas. Co gol, o Ames seguiu atacando pero sen descuidar a zaga. O segundo gol tamén levou a firma de Neo. Recibiu o balón de costas e dentro da área. Tras un amague meteuse cara o interior e disparou á escadra da portería do Deixebre, nun gol de moi bela factura. Nos últimos minutos chegaron os outros dous goles do Ames. O terceiro tras unha gran xogada combinativa entre Neo e Miki, que habilitaron a Nito dentro da área. Este disparou e o seu remate rozou a un defensor, colándose na meta. O cuarto gol chegou logo dun saque de falta rápido de Miki. O rexeite foi aproveitado por Juansiño, que anotou a pracer na área pequena. Con esta victoria, o Ames finaliza a Liga na decimoprimeira posición con 25 puntos.

No hay comentarios:

Fotos do Ames