Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

jueves, 1 de abril de 2010

Derrota contundente do Ames en Tordoia (4-0)

O Ames viaxou o pasado domingo a Tordoia con vistas a sacar un bo resultado que lle permitise auparse un par de postos na táboa antes do remate da Liga. O equipo comezou ben plantado, con chegadas tímidas, e repelindo os ataques do conxunto local. Pero pronto o Tordoia se adiantaría no marcador, tras un par de rexeites que deixarían só ao atacante local fronte a un Juan que nada puido facer. A partir de encaixar o gol, o Ames iríase do encontro, encaixando moi pronto o segundo gol tras outro balón morto na área. Os visitantes intentaríano tímidamente cun disparo lonxano de Miki, e con algún que outro centro que non atoparía rematador. O Tordoia faría o terceiro tras un erro de Diego na saída do balón, que se confiou dándolle a vantaxe ao ariete dos locais. Este chegou á liña de fondo e o seu centro foi rematado tras un par de pases a gol. O cuarto chegaría preto do descanso, novamente tras aproveitarse dos erros defensivos do Ames. Na reaundación, e co encontro sentenciado, o Tordoia viviría das contras e o Ames intentou xogar o balón con criterio, e así o conseguiu nalgunhas xogadas de perigo. Pero en ningún momento houbo acerto no remate, todo foron boas intencións que se quedaron en nada. A destacar un disparo lonxano de Adrián e un par de internadas de Juansiño que xeneraron perigo. O domingo, último encontro de Liga ante o Deixebre en Castiñeiro ás 4 e media da tarde.

No hay comentarios:

Fotos do Ames