Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

martes, 2 de marzo de 2010

Cómoda victoria do Ames ante un rival directo na loita pola metade da táboa

O Ames derrotou ao Rial por tres a goles a cero nun dos partidos máis completos da temporada para os locais. O conxunto amiense comenzou o encontro moi serio, ordenado e coa iniciatica do xogo. Pronto comezou a chegar á área rival con pases longos ás costas da defensa do Rial. Nunha desas internadas, Adrián "Peli" íase só cara o interior da área, pero un dos defensores do conxunto visitante zancadilleouno por atrás, sendo expulsado con cartón vermello directo. Con dez o Ames apretou, con perigo nas carreiras de Peli e cunha oportunidade que Miki dispara precipitadamente.
Mediada a primeira metade, chegaría o primeiro gol do Ames. Un novo balón en longo é aproveitado por Miki, que só ante o porteiro e tras dous amagues, marca cun disparo suave e colocado. Pero co un a cero, o Ames relaxouse un pouco e o Rial chegaría á meta de Carba con máis frecuencia. Iso si, Carba apenas tivo que intervir. Só nunha ocasión na que a defensa local dubidou e o balón quedou botando preto da área pequena. Diego e o dianteiro do Rial forcexearon e o esférico quedou morto, ata que Carba o atrapou, non sen antes ser golpeado polo atacante visitante.
Na reanudación, o Ames volveu a saír coas liñas xuntas, de igual modo que o fixera nos primeiros compases do encontro, e fíxose dono do partido. Seguro atrás, xeneroso no medio e incisivo en ataque coa entrada de Neo e Juansiño, o Ames apenas deixaba que o Rial inquietase a Carba. Boas oportunidades foron unha falta lanzada con potencia por Gamarra que repeliu o porteiro con apuros, unha internada de Peli na que o remate lle quedou corto, e un par de balóns colgados por Diego, desde o medio, e Miki, desde o córner.
Pese ao control, o Ames non afianzaba o resultado, e o Rial apareceu de cando en cando unha vez que as forzas dos locais baixaron un pouco. Ata que chegou a mellor xogada do partido. Cool recibiu un balón no lateral esquerdo. Ergueu a cabeza e lanzou un pase con rosca por riba da defensa cara Adrián, que entraba pola súa banda. Na loita co defensa por facerse co balón, Adrián levouse o rexeite. Acomodouno cun toque sutil de cabeza e o balón quedou botando. Ante a saída do porteiro, Adrián picou o balón con suavidade, anotando o gol da tranquilidade para o Ames.
Cuns quince minutos por diante, o Rial intentaríao con balóns en longo e un par de centros desde a banda ben atallados por Carba. Xa na recta final, un córner a favor do Ames derivaría no último gol dos locais. Miki lanzou o córner e o rexeite caeulle novamente na banda. Neo e Diego entraban polo centro, e o porteiro visitante así o percibiu, descoidando algo o primeiro pao. Miki aproveitou esta circunstancia para anotar o tres a cero definitivo. Un resultado que deixa ao Ames na novena posición. O sábado visita a Ordes, un dos candidatos ao ascenso.

No hay comentarios:

Fotos do Ames