Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

martes, 19 de enero de 2010

Victoria do Ortoño nun derbi igualado que se decidiu na segunda metade (0-2)

O Ames afrontou este domingo un novo derbi na casa, desta volta ante o Ortoño, co obxectivo de plantarlle cara ao líder e lavar a mala imaxe ofrecida nos últimos encontros. De feito, o Ames non só conseguiu plantarlle cara ao Ortoño, senón que estivo a piques de levarse o empate, e cunha pizca de sorte, incluso a victoria. O encontro foi sempre moi igualado, con fases de moito mediocampismo e o xogo moi parado debido a unha rigurosa aplicación das faltas por parte do colexiado. No primeiro tempo apenas houbo ocasións e os porteiros estiveron prácticamente inadvertidos. O Ames, todo contrario ao realizado nos últimos encontros, intentou tocar o esférico con criterio para chegar á meta rival. O Ortoño intentaríao cun par de balóns en longo do seu gardamallas, pero sen perigo. Na reanudación, o encontro continuou sendo trabado. A defensa do Ames, que volveu a raiar a un gran nivel, cortaba todo o perigo que chegaba á meta de Juan. Non puido ser así na xogada do primeiro gol dos visitantes. Este chegaría tras unha man inexistente de Paco na zona medular. O saque da falta botou preto do punto de penalti, onde apareceu un mediocampista do Ortoño para cabecear ao fondo das mallas tras un rebumbio na área. A pesar do gol, o Ames seguiría tratando ben o balón. Con todo, e coma vén sendo habitual durante toda a temporada, a ocasión máis clara dos locais chegaría balón parado. Un saque de falta desde o lateral botado por Adrián á altura do punto de penalti, provocaría un fallo dos defensas do Ortoño e o seu porteiro. Tras un rebote, o esférico chega a Adrián "Peli", que non é quen de chegar ao balón e empuxa-lo a gol. Quen sí atinaría co gol sería, por segunda vez, o Ortoño, e de novo tras unha falta inexistente. O saque da falta provoca un rexeite, e un pase entre liñas deixa a un dos atacantes visitantes só ante Juan, ao que bate facendo o segundo. Polo Ames intentaríano Miki e Casal con sendos disparos lonxanos que non atoparon portería. Así as cousas, o Ames caeu derrotado ante o líder, ofrecendo unha imaxe que nada ten que ver coa dos últimos encontros. Outra nota positiva, na segunda parte retornarían aos terreos de xogo despois dun tempo apartado deles Neo e Casal, que sen dúbida serán pezas fundamentais nos bos resultados que o Ames acadará nos próximos compromisos ligueiros. O domingo, duro compromiso ante o Paraguayo Santiago!!

No hay comentarios:

Fotos do Ames