Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

martes, 12 de enero de 2010

O Costoia golea ao Ames nun partido marcado polo frío (1-6)

O Ames afrontaba o derbi do pasado domingo coa mirada posta en sumar os tres puntos ante o Costoia, e a cousa empezou ben, pero pronto se torceron as cousas. O Costoia empezou o encontro don dous xogadores menos, e o Ames aproveitou esta circunstancia para adiantarse pronto. Tras unha falta lateral lanzada por Miki á porta, houbo un rexeite que aproveitou Diego no segundo pao para batir ao porteiro visitante na súa saída. Co gol a favor e a vantaxe numérica, o Ames relaxouse, circunstancia que acabaría pagando moi cara. O Costoia arriscou con tres homes atrás e moi bo trato do balón, e pronto foi poñendo nervioso ao Ames. Sobre todo cando Diego cometeu penalti sobre o dianteiro visitante, que se colaba só ante a meta de Juansiño. O Costoia empatou, e pronto anotaría o segundo, nunha xogada ben trenzada pola banda que acabou con pase á morte e remate ao fondo das mallas. Pese ao baixón do Ames neste tramo do encontro, as cousas puideron ser ben distintas antes do descanso. Miki puido empatar nunha internada pola banda cara a área. Recortou ao porteiro, e cando ía rematar, apareceu Carba, que no seu ímpetu por anotar, privou a Miki do gol. Pouco despois, o colexiado erraría ao anular un gol legal de Carba, tras centro de Miki. O atacante amiense estaba por detrás do esférico, en situación legal, pero ao facer un escorzo para chegar ao balón, o interpretou todo o contrario e anulou o gol. Así pois, do 3-2 foise ao descanso co 1-2, que se convertiría nunha lousa para o Ames na reanudación. O Costoia recuperaría un efectivo máis na segunda parte, e o Ames, que loitaba máis contra o factor psicolóxico, non atopou a fórmula para desfacer o entorto. Arriscando e tomando decisións erróneas, o encontro foiselle das mans aos locais, que despropósito tras despropósito foron deixando que o Costoia aumentase a vantaxe en sucesivas contras que non facían máis que aumentar a vantaxe no marcador, e incrementar a frustación dos xogadores locais. Ata Juansiño fallaría un penalti co 1-5 no "electrónico". Ao final, derrota contundente, e semana de reflexión para afrontar o partido co Ortoño do vindeiro domingo.

No hay comentarios:

Fotos do Ames