Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 4 de enero de 2010

O Resmón derrotou ao Ames no primeiro encontro do ano (3-1)

O Ames afrontaba o primeiro encontro do ano coa idea de truncar a mala tendencia da primeira volta e comezar o 2010 con bo pé. O partido comezou cos dous equipos ben plantados e tanteando ao rival. Tras un par de chegadas sen perigo por parte dos dous conxuntos, o Resmón adiantouse nun desaxuste defensivo dos amienses. Un mal despexe deixou a un dos atacantes locais con vía libre para adentrarse na área. Cun disparo alto pero non moi colocado, o dianteiro do Resmón batía a Juan, que se quedou a media saída. Como soe ocorrer tras encaixar un gol, o Ames botouse cara arriba e comezou a chegar con maior frecuencia, e certo con perigo sobre todo a balón parado. Os saques de banda de Gamarra tamén trouxeron algunha que outra internada na área local, pero non se acababan de fabricar ocasións. O empate chegou nun córner. Miki aproveitou un rexeite preto do punto de penalti, para lanzar un tiro cruzado pretiño do poste, establecendo a igualada. O Ames relaxou un pouco a súa presencia no ataque local e acabouno pagando caro. Coas liñas algo desaxustadas, o Resmón aproveitou un novo rexeite da defensa a tres cuartos de campo para anotar o segundo gol. Un dos atacantes do conxunto caseiro pillou unha bolea que sorprendeu a Juan, tras un bote un tanto extrano. O segundo gol suporía un golpe difícil de dixerir para o Ames, que pese a todo puido facer a igualada cun remate de Manuel desde fóra da área, e un rexeite de Miki noutro córner que morreu pola liña de fondo. O Ames encaixaría o terceiro antes do descanso, nun lanzamento de córner que se envenenou e que se acabou colando na meta amiense. Na reanudación, o Ames saíu decidido a buscar a remontada e meteu ao Resmón no seu campo. Pese a isto, apenas se creaban ocasións en xogada, e novamente o perigo chegou a balón parado.Un par de faltas desviadas (nunha delas o Ames reclamaría penalti por unha clara man na barreira), e un par de rexeites illados nun córner. Aproveitando o empuxe do Ames, o Resmón chegaría en varias contras perigosas, que ben a defensa ou ben Juan acabarían desbaratando. A mellor ocasión do Ames estivo nos pés de Diego, que nun rexeite tras unha falta lateral e co porteiro no chan, mandaría o esférico uns centímetros por riba do longueiro. Así as cousas, o Ames non sería quen de remontar, quedando con 7 puntos na penúltima posición da táboa. A vindeira semana, derbi ante o Costoia en Castiñeiro do Lobo.

No hay comentarios:

Fotos do Ames