Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 13 de enero de 2009

Premio excesivo do Trazo no retorno ao campo de Covas (1-3)

O Ames saíu derrotado no último compromiso da primeira volta na casa fronte ao Trazo, nun encontro desputado que prontou se foi decantando do lado visitante. Sobre os dez minutos de xogo, unha falta desde o lateral foi aproveitada polo dianteiro do Trazo para rematar de tacón e sorprender aos defensores e gardamallas locais. Co un a cero, os nervos afogaron as ideas do Ames, que intentou unha tímida reacción. Pero mediada a primeira parte, unha falta rigurosa na frontal da área amiense derivou no cero a dous. O Ames creou tímido perigo a balón parado e nalgunha combinación, pero onde máis méritos fixo para levar cando menos un punto foi na segunda metade. O Ames saíu decidido a remontar a contienda, e pronto chegou o gol de Nito que reduciría distancias. Un centro desde a dereita de Llello foi aproveitado polo pichichi amiense para bater ao porteiro rival a bocajarro nunha bolea que se colou preto da escuadra. Co gol, o equipo local lanzouse a polo empate e este puido chegar en varias ocasións. Unha falta lateral colgada por Miki foi despexada por un defensor visitante xusto cando Diego se dispoñía a empuxar o esférico ao fondo das mallas. Pouco despois Diego lanzou unha falta que se ía colar preto da escuadra pero apareceu a cabeza dun defensor do Trazo para despexar in extremis. O un a tres para os visitantes chegou nun claro fóra de xogo, nun dous contra un no que Juan na da puido facer ante o estupor da defensa amiense polo erro árbitral. Trala sentencia, Diego lanzou outra falta desde o lateral que rozou o porteiro e deu no longueiro. Ao final, derrota inmerecida do Ames.

No hay comentarios:

Fotos do Ames