Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

martes, 13 de enero de 2009

Derrota inxusta do Ames no derbi fronte ao Ortoño (1-2)

O Ames prolonga a súa mala racha de resultados coa segunda derrtoa consecutiva no seu campo, desta volta fronte ao Ortoño. O primeiro en avisar foi o Ames, cunha falta desde a frontal da área que Miki lanza rozando a escuadra visitante. Moi pouco despois, un mediocampista ortoñés aproveita un balón que queda botando a tres cuartos de campo para disparar a porta, Fuentes roza o esférico e este da no longueiro, con tan mala sorte que bate na espalda do porteiro amiense e cólase na portería local. Case sen tempo para celebrar o gol, o Ortoño viu como empataba o Ames. Diego despexou con contundencia un balón en longo á dianteira visitante, e habilita a Juansiño, que pica o balón por riba do porteiro, e aproveitando o bote e salvando a carga legal do defensor do Ortoño toca de cabeza establecendo a igualada. Co empate, ambos equipos aséntanse mellor no campo, co Ames ben arroupado atrás e o Ortoño intentando combinar atrás e buscando desplazamentos longos desde o medio cara a dianteira. Nunha desas, o dianteiro visitante quedou só en dirección á portería co esférico a certa distancia, e Diego, con lixeira vantaxe, lanzouse para evitar o lanzamento, tocando antes o balón que o seu opoñente e desviandoo a córner. O colexiado, bastante alonxado da xogada, sinalou un penalti moi dubidoso e protestado polos locais. No lanzamento, Fuentes rozou o disparo, pero o Ortoño adiantouse no marcador. No saque tralo gol, Diego lanzou desde mediocampo, pero o seu disparo foi atallado sen apuros polo meta ortoñés. Antes do descanso, o Ames tivo varios minutos de ataques constantes, cun disparo cruzado de Juansiño que foi a córner, un centro chut de Diego que saíu alto e un remate fallido de Roi por mor do mal estado do lateral esquerdo da área da entrada ao campo. Na reanudación, o xogo do Ortoño limitouse aos saques en longo do porteiro que de vez en cando provocaban algún rexeite sen demasiado perigo, mentres que o Ames chegou á área sobre todo a balón parado e en xogadas illadas froito do empuxe. Miki lanzou en desequilibrio no interior da área e o seu remate saíu dirixido a onde estaba o porteiro. Diego lanzou un libre indirecto que bateu nun defensor, e Coleguín cabeceou un pouco alto un córner só no segundo pao. Esas foron as mellores chegadas do Ames, ante un Ortoño que se adicou a defender en boa parte do segundo tempo. Ao final, demasiado premio para o Ortoño, e continúa a mala racha do Ames. Hai que vencer en Rial e engancharse á zona media de novo!!!!

No hay comentarios:

Fotos do Ames