Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 19 de enero de 2009

O Ames puntúa en Rial pese ás numerosas baixas (1-1)

O Ames afrontou o encontro contra o Rial con numerosas baixas: ás lesións de Cool, Llello (que xogou 5 minutos para probarse) e Juansiño sumáronse as sancións de Chete e Moncho e a recente baixa no mercado invernal de Pose. Con doce xogadores e Llello tocado, o Ames saltou ao campo cunha idea clara, facer un partido práctico, arroupadiños atrás e saíndo á contra. O balón parado foi a principal baza dos amienses. O encontro comezou cos dous equipos tanteándose. O Rial levou a iniciativa con balons en longo ás bandas, e escaso perigo, e o Ames saía a contra con timidez e aproveitaba as faltas para ter presencia en ataque. A primeira ocasión foi unha falta lonxana de Miki, preto do mediocampo, que probou ao porteiro do Rial, sempre adiantado. Debido á distancia do lanzamento, o meta agarrou o esférico sen problemas cando este se achegaba cara a escuadra da súa portería. Mediada a primeira parte, o lateral dereito do Rial sumouse ao ataque, e nun centro chut sorprendeu a Juan cun gran disparo que se colou pola escuadra do segundo pao. Co gol en contra, o Ames presionou máis arriba e comezou a ter máis chegadas. Un par de balóns en longo a Coleguín e Adrián foron os primeiros avisos. O máis serio, e a mellor oportunidade do Ames, foi un lanzamento de Roi. Este colleu o balón cinco metros por diante do mediocampo, viu adiantado ao meta local, e cun disparo potente estivo a piques de empatar, pero a estirada do porteiro evitou o gol. Pouco despois chegou outra das boas oportunidades do bando visitante. Nun balón morto na área, Adrián disparou frouxo coa dereita estando de costas á portería local, e o rexeite dun defensor caeulle a Fran, que lanzou fóra coa esquerda. E os avisos do Ames deron os seus froitos nunha das últimas xogadas do primeiro tempo. Miki sacou un córner desde a dereita, Diego entrou só detrás de Roi e enganchou un cabezazo potente que rexeitou o porteiro. Coa inercia do remate, Diego chegou ao rexeite e anotou o empate. Na reanudación, o Ames saíu igualmente rezagado e con chegadas puntuais á contra, e o Rial diluíase en balóns longos sen perigo. O partido foise embarullando e o Rial só lanzaba balons en longo desde a meta que rara vez atopaban destinatario, e o Ames facía acto de presencia arriba novamente a balón parado. Mediada a segunda parte un xogador do Rial deulle unha patada fóra de lugar a Pi, sen estar o balón de por medio e viu a tarxeta vermella directa. Nos seguintes quince minutos non houbo nada de fútbol, e ambos conxuntos perdéronse en protestas e faltas que non levaban a nada. O Ames acusou a falta de homes de refresco, algo que si fixo o Rial. Pero os seus recambios só aportaron certa frescura, pero ningunha idea en ataque, polo que o partido transcorreu do mesmo xeito. Os visitantes sen problemas atrás, e o Rial intentando chegar con balóns longos que se ían fóra. Miki intentouno para o Ames nunha falta lateral que se cerrou e atallou o porteiro no primeiro pao. Coleguín entrou ben nun par de ocasións pero colexiado viu fóra de xogo en ámbalas dúas. Ao final, empate xusto, aínda que o Ames deu máis sensación de poder levarse o encontro.

No hay comentarios:

Fotos do Ames