O Ames comenzará a Liga o vindeiro domingo ás 17:00 horas no campo da Luaña, fronte ao conxunto local. Será un encontro moi disputado no que os de Balboa buscarán iniciar con bo pé a temporada.
domingo, 19 de septiembre de 2010
O Ames pecha a pretemporada cunha victoria por 0 a 2 en A Baña
O Ames disputou este domingo o derradeiro encontro de pretemporada no Campo das Cartas ante a SD A Baña, conxunto recén desdendido da Segunda Autonómica. O Ames tivo maior eficacia que o equipo local, e gracias aos goles de Héctor e Fran levouse o encontro, dando ademais unha imaxe bastante boa. Miki e Roi colaboraron nos goles amienses con dúas moi boas asistencias.
lunes, 13 de septiembre de 2010
Finde intenso cunha victoria e unha derrota
O Ames continúa a súa preparación de cara ao inicio da Liga o vindeiro día 26 de setembro na Luaña, trala disputa de dous amigables esta fin de semana. O sábado, o Ames enfrentouse aos veteranos do Bertamiráns, "Don Budi", aos que derrotou por 3 goles a 2. Miki de córner directo, Héctor e Marcos foron os autores dos goles amienses, nun encontro no que os de Balboa melloraron a imaxe amosada no anterior amigable ante o Pazos.
O domingo, o Ames caíu derrotado fronte ao Viduido por 4 goles a 1. O Ames, pese a realizar unha primeira parte aceptable, atopouse con dous goles en contra froito dun par de despistes defensivos. Na reanudación, o Ames recortou distancias con gol de Gamarra, tras un rexeite na área do Viduido. O 2-1 durou pouco xa que pronto chegaron o terceiro e cuarto gol do rival amiense, que o seguiu intentando ata o final.
O vindeiro amigable do Ames, o derradeiro da pretemporada, será este domingo día 19 no Campo das Cartas ante a SD A Baña, rival este ano na Terceira Autonómica.
miércoles, 8 de septiembre de 2010
Derrota en Pazos e novos amigables este fin de semana
O Ames caeu o domingo pasado por 5-0 na súa visita a Pazos. O equipo dirixido por Balboa comezou ben plantado, con algunhas dúbidas e imprecisións, pero sen pasar apuros atrás. Arriba levaron perigo Nito e Roi desde a esquerda e Héctor, que puido adiantar ao Ames na primeira xogada, pero o seu lanzamento saíu rozando o poste. Carba tamén tivo algún sobresalto ante a chegada en solitario nun par de ocasións dos atacantes do Pazos, pero solventounas ben na saída. Co cero a cero chegouse ao descanso. Balboa realizou nove cambios de golpe e o equipo saíu dormido na reanudación, atopándose aos dez minutos da segunda parte co marcador en contra. Pronto chegaron o dous e o tres a cero, tras varias combinacións entre a mediapunta e a dianteira local. Mediada a segunda parte o Ames quedou con dez, tras la expulsión de Pi, que se revolveu tras recibir unha patada. O cuarto e quinto gol chegaron coa defensa desconxuntada e o medio do campo desvalido.
Este fin de semana, o Ames terá dobre ración de amigables. O sábado ás 7 da tarde disputará un triangular no Municipal de Bertamiráns contra os veteranos do Dubra e o Don Budi (veteranos do Bertamiráns). Ao día seguinte, tamén ás 7 da tarde e no mesmo escenario, o Ames enfrontaráse ao Viduido.
jueves, 2 de septiembre de 2010
O Ames xa entrena baixo as ordes de Balboa, novo adestrador do clube
A SD Ames leva xa un par de semanas preparando a nova temporada. Desde a semana pasada o novo adestrador do clube, Balboa, xa se fixo cas riendas da pretemporada. O Ames adestra tres días á semana, alternando o traballo físico con sesións cargadas de exercicios con balón e aspectos técnicos. O primeiro amigable do Ames saldouse cunha derrota por 3 goles a 2 fronte aos veteranos do Touro, un encontro no que Balboa puido facer moitas probaturas e ir coñecendo aos que serán os seus xogadores durante toda a temporada. O próximo amigable do Ames será este domingo ás 18:30 horas a domicilio fronte ao Pazos. Continuarán as probas do adestrador, e pouco a pouco iremos vendo como será o equipo que debute na Liga o vindeiro día 26 fronte á Luaña. ¡¡A adestrar duro!!
Adrián recibirá o abrazo dos seus ex compañeiros no encontro contra o Villestro B
A última enquisa do noso blog quería ter un detalle con Adrián Domínguez, ex xogador do Ames agora enrolado no Villestro B. Encadrados no mesmo grupo na Terceira Autonómica, quedaba por ver que pasaría o día do reencontro con seus antigos compañeiros. Así quedou a enquisa que preguntaba sobre iso:
- Darlle un abrazo (4 votos - 40%)
- Zouparlle como quen non quere a cousa (3 votos - 30%)
- Abuchea-lo ata que volva para o Ames (2 votos - 20%)
- Quentarlle as canillas con cariño (1 voto - 10%)
En breve teredes colgada outra enquisa. Saúdos!!
miércoles, 18 de agosto de 2010
O Ames visita a Luaña na primeira xornada ligueira
O pasado martes celebrouse na sede da Delegación de Santiago da Federación Galega de Fútbol o sorteo do Campionato de Liga do grupo 8º da Terceira Autonómica, que deparou os seguintes emparellamentos:
Tordoia-Chaián
Luaña-Ames
Villestro B-O Xa Chegou
Resmón-A Baña
Vila de Ordes-Paraguayo Stgo.
Rial-Trazo
Deixebre-Agrón
A primeira xornada de Liga celebraráse o domingo 26 de setembro. Non haberá xornada de Liga os días 5 e 26 de decembro, e mailo 2 de xaneiro. Con respecto ao ano pasado, desaparecen o Costoia e maila Sionlla, e participan por primeira vez no grupo o Villestro B e O Xa Chegou. Non está asegurada a participación do Paraguayo Santiago, que solicitou competir no grupo de Santiago. A súa petición foi denegada, polo que se están plantexando se finalmente saen ou non a competir. En canto teñamos o calendario completo colgarémolo no blog. Un saúdo a todos e a adestrar duro!!
Os usuarios escollen ao Agrón e ao Tordoia como equipos máis fortes do grupo
A pouco máis dun mes para o inicio da temporada, os nosos internautas ven a priori ao Agrón e ao Tordoia coma os dous equipos máis potentes do grupo 8º da Terceira Autonómica, onde competirá unha vez máis o Ames. Así quedou a votación:
1º Agrón (4 votos - 40%)
1º Tordoia (4 votos - 40%)
3º Vila de Ordes (2 votos - 20%)
En breve colgaremos unha nova enquisa e mailo resultado do sorteo da primeira xornada de Liga, que se celebrará o vindeiro 26 de setembro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)