Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

miércoles, 10 de diciembre de 2008

O Ames mantense noveno tras perder co Tordoia B

14ª Xornada 08/12/2008

Costoia

-

-

Descansa

Luaña

2

4

Bertamiráns B

Sionlla

1

2

Resmón

Vila de Ordes

0

0

Deixebre

Calo B

5

0

San Marcos B

Tordoia B

3

2

AMES

Juansiño, Llello

Descansa (T)

-

-

Dubra B

Brión

2

0

Rial

Trazo

0

4

Ortoño

















CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Dubra B

34

12

11

1

0

40

9

Brión

32

12

10

2

0

31

12

Vila de Ordes

27

12

8

3

1

19

6

Deixebre

26

13

8

2

3

28

16

Calo B

22

12

7

1

4

29

15

Bertamiráns B

21

12

6

3

3

24

16

Ortoño

20

13

5

5

3

20

14

Trazo

19

12

6

1

5

24

21

AMES

17

13

5

2

6

21

21

10º

Luaña

16

12

5

1

6

22

27

11º

Rial

14

13

4

2

7

18

24

12º

Tordoia B

10

12

3

1

8

15

29

13º

Resmón

9

11

3

0

8

13

24

14º

Sionlla

8

12

2

2

8

26

23

15º

Costoia

3

12

1

0

11

16

39

16º

San Marcos B

3

13

1

0

12

9

59










martes, 9 de diciembre de 2008

Derrota do Ames en Tordoia nun mal partido (3-2)

O Ames visitou este domingo terras de Tordoia para enfrontarse ao equipo filial nun campo onde nunca se venceu, e tan só se conseguiu puntuar na temporada pasada. O Ames comezou frouxo o partido, con pouca posesión, pero intentando trenzar algunha que outra xogada combinativ acando conseguíua rete-lo no seu poder. O Tordoia B chegaba con certo perigo polas bandas, mentres o Ames intentaba estar ordeado sen moito éxito. O primeiro gol do encontro chegou sobre os quince minutos, cando unha xogada persoal do extremo esquerdo local acabou nun centro rematado de primeiras polo atacante do Tordoia B, nun remate que se elevou ante a sorpresa de Diego e Juan, que apenas puideron reaccionar ante un disparo tan repentino. Antes do empate amiense, o conxunto local lanzou unha falta que entre Juan, molestado polo sol de frente, e o longueiro non acabou en gol por pouco. Mediada a primeira parte chegou o empate. Diego colgou unha falta con rosca ao segundo pao, moi semellante á do gol da semana anterior contra o Calo B, que tras remate de Nito, o esférico quedou rexeitado para que Juansiño anotase a bocajarro. Os cinco minutos anteriores e posteriores ao gol foron os mellores do Ames en todo o partido, con varias chegadas que a piques o adiantan no marcador. Nin Diego, nin Nito nin Roi foron quen de rematar un córner ben posto por Llello. Noutra ocasión, Nito centrou unha falta desde a esquerda que un defensor local despexou cando Diego estaba a piques de peina-la en dirección á meta. O Tordoia B case se adianta en varias ocasións. Outra vez o longueiro rexeitou unha falta ben botada por un mediocampista local. Juan interviu ben nun par de mans a mans que sacou cos pés, e co empate chegouse ao descanso. Na reanudación, o Ames saíu relaxado, primeiro, e logo impotente, tras encaixar dous goles seguidos e ver como non saía nada do pouco que se intentaba. A primeira xogada do segundo tempo, derivou nun saque de banda, e este, nun pase interior ao extremo esquerdo, que desta vez si bateu a Juan por baixo nun posible fóra de xogo. Cinco minutos despois, unha falta na frontal, rozou na barreira amiense e colouse na meta visitante sen que nada puidese facer Juan. Co tres a un, o Ames botou dez minutos groggy, con pases imprecisos e nervos que impedían a reacción. Pese a todo, o conxunto local tamén se puxo nervioso e comezou a empregarse con dureza, empuxados pola impotencia dos amienses, que tamén fixeron demasiadas faltas froito da desesperación e a ansia por remontar. Esta puido chegar mediada a segunda parte, cando Diego estrelou un cabezazo no longueiro logo de que Roi peinase un córner cara atrás, e cando Adrián non concretou un man a man que o porteiro local rexeitou co pé a córner. O Ames seguiu empuxando con máis corazón que cabeza, e recortou distancias a falta de cinco minutos para o final do encontro, nunha contra finalizada por Llello cunha vaselina ante a saída do porteiro do Tordoia B. Na recta final, cabe lamentar a entrada durísima que recibiu Nito do central local, o que provocou unha pequena tángana sen consecuencias. Na penúltima xogada do encontro, Juansiño viu a segunda amarela de xeito inxusto, por supostas protestas que o árbitro se inventou. Uns dez minutos antes o Tordoia B tamén se quedara con dez por dobre amarela dun dos seus mediocampistas. Ao final, derrota nun mal partido do Ames, que se mantén noveno.

viernes, 5 de diciembre de 2008

O pase diagonal medido de Cool vence a enquisa sobre a xogada estrela do Ames

Tralo remate do prazo para votar "a xogada estrela do Ames", os 28 votos emitidos repártense do seguinte xeito:

1- O pase diagonal medido de Cool (7 votos)
2- As faltas "platanito" de Miki (6 votos)
3- Os regates 180 graos de Chete (5 votos)
3- Coleguín colándose por onde non hai sitio (5 votos)
5-Os regates que paran o tempo de Nito (2 votos)
5-Os tackling de Moncho (2 votos)
7-Os arreóns de Diego (1 voto)

En breve teredes outra enquisa. A ver se vos animades un pouquiño e deixades algún comentario nas novas que sacamos ou nas fotos, estas cousas fanse para fomentar a participación de todos e animar un pouquiño o día a día mentres non toca entrenar ou xogar. Isto non é un xornal onde ver só novas, iso é só unha parte que a min me corresponde. Trátase ademais de que comentedes, acheguedes suxestións, abrades temas de debate, etc. Veña, gracias a todos por visitar o blog, xa vedes que superamos as 5.000 visitas!!! A "reprimenda" é en plan cariñoso eh!!! Saúdos

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Fotos da cea e do encontro co Vila de Ordes no slide

Xa colguei as fotos recentes do club, do sábado que fomos xogar a Ordes e despois tivemos cea. Xa aviso de que é probable que vos carguen lento, aínda que se as queredes ver aínda que sexa nun vistazo e en pequeno, se lle dades no enlace do blog ó icono "+" pásavos máis rápido e chegades antes. Espero que vos gusten (hai unha foto de Fran e Juan que se me colou sen comentario, e aparece o número de foto, non é o da cárcel jeje!!). Saúdos

lunes, 1 de diciembre de 2008

O Ames déixase dous puntos na recta final ante o Calo B (1-1)

Partido moi igualado no campo das Pateiras de Bertamiráns, bastante embarrado, o que dificultaba o xogo de ambas escuadras. Desde o principio o partido tivo alternativas no xogo, con chegadas en ambas áreas pero sen apenas remates a porta. O Calo B creou perigo prácticamente só en saques de banda colgados á área, pero a defensa local despexou sempre con contundencia. Tan só houbo un susto cando Juansiño despexou mal en dirección á portería, pero Fuentes evitou o gol. O Ames saía a contra con balóns ás esquinas para Nito e Juansiño, e algunha que outra combinación entre Roi, Pose e Juansiño, con Nito e Miki tamén activos. Tamén creou certo perigo nun par de córners e faltas laterais. Na reanudación, o partido seguiu do mesmo xeito, con momentos de dominio para cada equipo, e moitos ataques en cada área sen concretar remate. O Ames conseguiu apretar no campo do Calo mediada a segunda parte, e nunha desas chegou o gol local. Diego colgou unha falta lateral con rosca ao segundo pao, onde Roi rematou en semifallo, aproveitando Nito o rexeite para adiantar ao Ames. Co gol a favor, o Ames recolleuse atrás xa que o Calo B meteu máis xente arriba e renunciou ao medio do campo para colgar balóns á área amiense. Pero o Ames non se limitou a defender os balonazos do Calo, senón que nese tramo de partido lanzou as mellores contras do encontro. Ata en tres ocasións puido sentenciar o encontro. Adrián colouse pola banda dereita con espazos en varias ocasións. Nunha delas, o seu centro foi atallado polo porteiro, noutra optou polo disparo potente, tamén atallado polo gardamallas, e na máis clara puxo un bo centro que Nito rematou en semivolea rozando o pao. Tamén Juansiño pola esquera se internou un par de veces e disparou cerca do poste. O Ames perdonou e o Calo B empatou a falta de 8 minutos, aproveitando un rexeite na área. O Ames aínda puido levarse o encontro trala igualada nunha falta lateral de Miki que Diego non rematou en claro ante a oposición do porteiro e un defensor visitante. Ao final, xusto reparto de puntos.

Fotos do Ames