| | P5 Deixebre | Puntos Totais |
| Diego | 3 | 24 |
| Nito | - | 22 |
| Juansiño | 2 | 19 |
| Pose | 2 | 16 |
| Roi | -2 | 16 |
| Cool | 1 | 15 |
| Miki | 5 | 14 |
| Fuentes | 1 | 11 |
| Yeyo | 2 | 10 |
| Iván | 1 | 9 |
| Coleguín | 2 | 8 |
| Dani | - | 8 |
| Adrián | - | 7 |
| Chete | - | 6 |
| Fran | 1 | 5 |
| Moncho | 1 | 5 |
| Pi | - | 5 |
| Casal | 2 | 3 |
| Gonzalo | - | 2 |
| Marquitos | 1 | 2 |
| Che | - | 1 |
| Félix A. | - | 0 |
| Juan | - | 0 |
lunes, 13 de octubre de 2008
Puntos da Fantasy Football Ames League
O Deixebre superou ao Ames cunha pizca de fortuna (2-0)
os amienses puideron sacar cando menos un punto logo do exposto no terreo de xogo. O inicio do encontro amosou que ía ser intenso pero tamén desvelou que o Ames estaba no partido. As primeiras chegadas do Deixebre foron despexadas con orde e contundencia pola defensa visitante, o que provocaba contras perigosas para o Ames con Juansiño, Llello, Pose e Coleguín como artífices. No minuto 15 chegou a xogada polémica. Nun centro desde a esquerda, un atacante local recibiu o balón en posición dubidosa, centrou e atallou Fuentes, con tan mala sorte que se lle escapou o balón un nada, e chegou outro atacante do Deixebre, que en clara falta ao porteiro, rematou o balón cara o fondo das mallas. O gol subiu ao marcador, pero o Ames refíxose de seguido, e comezou a apretar en ataque ao conxunto local. As mellores oportunidades do primeiro tempo foron para o Ames. Llello (ou Pose?) disparou desde a esquerda case sen ángulo rozando o longueiro. Diego rematou de chilena un rexeite nun córner e un defensor local acertou a despexar de cabeza cando o balón ía para a meta, e Miki disparou desde fóra da área con máis susto que perigo. Por parte do Deixebre, un par de remates desviados e pouco perigo real. Na reanudación o encontro seguiu polos mesmos derroteiros, co Ames saíndo en contras perigosas e co Deixebre contundente atrás e chegando a contagotas adiante. Diego puido empatar nunha falta desde a frontal que saíu lambendo o longueiro. Pero a fortuna volveu estar de cara do Deixebre, que nunha xogada pola banda dereita marcou o segundo gol. O centro do mediocampista local envenouse de tal xeito que cun pouco de rosca, colleu a Fuentes despitado, e colouse polo segundo pao, dándolle ventaxa de dous goles ao Deixebre. Pese ao gol, o Ames seguiuno intentando, aínda que comezaron a quedar máis ocos no mediocampo. A oportunidade máis clara foi un gran remate de cabeza de Pose, que rexeitou o gardamallas local nunha gran intervención. O rexeite foi cara Fran, que non deu reaccionado a tempo, e só puido tocar o balón coa cabeza. Juansiño aproveitou un bo pase desde a defensa para colarse en diagonal dentro da área, pero o seu disparo en semibolea ao primeiro pao, foi rexeitado polo meta do Deixebre a córner. Os da casa puideron facer o terceiro en dúas ocasións. Nunha delas, a Fuentes escapóuselle o balón cando o tiña debaixo súa, pero o atacante local precipitouse e lanzou rozando o poste a meta vacía. O mesmo atacante controlou ben na área un centro desde a banda, pero Miki xogouse o tipo para estorbar o xusto e despexar o balón ao tempo que remataba o rival. O final quedou empañado pola expulsión de Roi tras reaccionar a un par de patadas duras dun rival con outra que todo o mundo viu, e pola posible lesión do noso Moncho, que recibiu unha falta de cando menos cartón laranxa que o deixou coxeando. Con esta derrota, o Ames sitúase noveno con sete puntos. Os mellores do encontro e os que recibirán puntos bonus foron Miki, Diego e Juansiño.
martes, 7 de octubre de 2008
A SER é a emisora preferida dos internautas para escoitar os partidos
lunes, 6 de octubre de 2008
O Ames sube ata a sétima posición tras vencer ao colista
| 5ª Xornada 05/10/2008 | |||
| AMES Pose,Llello,Diego(p) | 3 | 0 | San Marcos B |
| Dubra B | 3 | 0 | Deixebre |
| Rial | 2 | 0 | Resmón |
| Ortoño | 2 | 2 | Bertamiráns B |
| Trazo | 4 | 2 | Costoia |
| Brión | 2 | 1 | Luaña |
| Descansa (T) | - | - | Sionlla |
| Tordoia B | 0 | 1 | Vila de Ordes |
| Descansa | - | - | Calo B |
CLASIFICACIÓN:
| Posto | Equipo | Puntos | X | G | E | P | GF | GC |
| 1º | Brión | 15 | 5 | 5 | 0 | 0 | 15 | 4 |
| 2º | Dubra B | 12 | 4 | 4 | 0 | 0 | 15 | 1 |
| 3º | Calo B | 9 | 4 | 3 | 0 | 1 | 10 | 5 |
| 4º | Vila de Ordes | 9 | 4 | 3 | 0 | 1 | 4 | 2 |
| 5º | Trazo | 9 | 5 | 3 | 0 | 2 | 12 | 5 |
| 6º | Ortoño | 8 | 5 | 2 | 2 | 1 | 8 | 5 |
| 7º | | 7 | 4 | 2 | 1 | 1 | 7 | 4 |
| 8º | Rial | 7 | 5 | 2 | 1 | 2 | 9 | 8 |
| 9º | Deixebre | 7 | 5 | 2 | 1 | 2 | 6 | 8 |
| 10º | Luaña | 6 | 4 | 2 | 0 | 2 | 7 | 6 |
| 11º | Bertamiráns B | 5 | 4 | 1 | 2 | 1 | 5 | 5 |
| 12º | Tordoia B | 4 | 5 | 1 | 1 | 3 | 3 | 7 |
| 13º | Sionlla | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 3 |
| 14º | Resmón | 0 | 4 | 0 | 0 | 4 | 1 | 10 |
| 15º | Costoia | 0 | 4 | 0 | 0 | 4 | 3 | 16 |
| 16º | San Marcos B | 0 | 5 | 0 | 0 | 5 | 0 | 20 |
Puntos da quinta xornada ligueira
| XOGADORES | Xornada 4 (San Marcos B) | TOTAL |
| ADRIÁN | 1 | 7 |
| CASAL | 1 | 1 |
| CHE | - | 1 |
| CHETE | 4 | 6 |
| COLEGUÍN | 3 | 6 |
| COOL | 6 | 14 |
| DANIEL | - | 8 |
| DIEGO | 10 | 21 |
| FÉLIX A. | - | 0 |
| FRAN | - | 4 |
| FUENTES | 7 | 10 |
| GONZALO | - | 2 |
| IVÁN | 6 | 8 |
| JUAN | - | 0 |
| JUANSIÑO | 9 | 17 |
| MARCOS | 1 | 1 |
| MIKI | 8 | 9 |
| MONCHO | 1 | 4 |
| NITO | - | 22 |
| PI | - | 5 |
| POSE | 8 | 14 |
| ROI | 6 | 18 |
| LLELLO | 6 | 8 |