| XOGADORES | Xornada 1 (Ortoño) | TOTAL |
| ADRIÁN | 2 | 2 |
| CASAL | - | 0 |
| CHE | - | 0 |
| CHETE | - | 0 |
| COLEGUÍN | 1 | 1 |
| COOL | 1 | 1 |
| DANIEL | 2 | 2 |
| DIEGO | 1 | 1 |
| FÉLIX A. | - | 0 |
| FRAN | 1 | 1 |
| FUENTES | - | 0 |
| GONZALO | - | 0 |
| IVÁN | 1 | 1 |
| JUANSIÑO | 4 | 4 |
| MARCOS | - | 0 |
| MIKI | 2 | 2 |
| MONCHO | 1 | 1 |
| NITO | 13 | 13 |
| PI | 1 | 1 |
| POSE | 1 | 1 |
| ROI | 3 | 3 |
| YEYO | - | 0 |
martes, 9 de septiembre de 2008
Primeiros puntos da Fantasy Football Ames League
Reunido o comité de expertos na casa do míster, procedemos a publicar a primeira listaxe de puntos da nosa Liga Fantástica particular. Aí van:
lunes, 8 de septiembre de 2008
Novas fotos en "slide.com"
Boas chavales, acabo de colgar as fotos que me pasou Moncho do amigable en Rois, parece que non mas acaba de cargar ben, ou cando menos no ordenador avísame de que están cargadas pero non as deixa ver na presentación (pásame con outras antigas non só con estas). Clickade no enlace ás fotos desde os vosos equipos a ver se persiste o problema ou se depende do ordenador. O martes falamos a ver que tal vos foi para cambiar ou solucionar o problema. Saúdos.
P.d.: esta tarde-noite colgaremos as puntuacións da primeira xornada da "Fantasy Football Ames League"
P.d 2: xa conseguín que se me viran as fotos, deixei que cargar ben o slide que está no blog (sen clickar en nada), e ao final das fotos máis antigas aparecen as novas. Paciencia.

O empate en Ortoño sitúa ao Ames na sexta praza
| 1ª Xornada 07/09/2008 | |||
| Rial | 1 | 4 | Dubra B |
| Ortoño | 2 | 2 | AMES Nito (2) |
| Trazo | 6 | 0 | San Marcos B |
| Brión | 3 | 2 | Deixebre |
| Descansa (T) | - | - | Resmón |
| Tordoia B | 1 | 1 | Bertamiráns B |
| Calo B | 5 | 1 | Costoia |
| Vila de Ordes | 2 | 1 | Luaña |
| Descansa | - | - | Sionlla |
CLASIFICACIÓN:
| Posto | Equipo | Puntos | X | G | E | P | GF | GC |
| 1º | Trazo | 3 | 1 | 1 | 0 | 0 | 6 | 0 |
| 2º | Calo B | 3 | 1 | 1 | 0 | 0 | 5 | 1 |
| 3º | Dubra B | 3 | 1 | 1 | 0 | 0 | 4 | 1 |
| 4º | Brión | 3 | 1 | 1 | 0 | 0 | 3 | 2 |
| 5º | Vila de Ordes | 3 | 1 | 1 | 0 | 0 | 2 | 1 |
| 6º | AMES | 1 | 1 | 0 | 1 | 0 | 2 | 2 |
| 7º | Ortoño | 1 | 1 | 0 | 1 | 0 | 2 | 2 |
| 8º | Bertamiráns B | 1 | 1 | 0 | 1 | 0 | 1 | 1 |
| 9º | Tordoia B | 1 | 1 | 0 | 1 | 0 | 1 | 1 |
| 10º | Resmón | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
| 11º | Sionlla | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
| 12º | Deixebre | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | 2 | 3 |
| 13º | Luaña | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 2 |
| 14º | Rial | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 4 |
| 15º | Costoia | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 5 |
| 16º | San Marcos B | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 | 0 | 6 |
Debut ligueiro do Ames con empate en Ortoño (2-2)
O Ames comenzou a liga cun empate sufrido en Ortoño, campo sempre complicado. O primeiro en golpear no derbi foi o Ortoño, gracias a un lanzamento de falta de Koky que sorprendeu a Dani tras facer un estraño no aire. Co marcador en contra aos 5 minutos, o Ames tardou en centrarse no partido, e perdíase en imprecisións e pérdidas de balón froito do nerviosismo. Todo cambiou cando Roi, Pose, Nito e Juansiño comezaron a trenzar xogadas de toque rápido con paredes que enchufaron ao equipo ó partido. O Ortoño apenas inquietou máis en ataque, tan só a balón parado. E o Ames pouco a pouco foi chegando con máis peligro. Nito viu como se lle anulaban un par de arrancadas desde o medio campo por fóra de xogo. Pose tivo a ocasión máis clara do encontro. Nunha magnífica triangulación entre Nito, Roi e Juansiño, o esférico chegou a Pose, que só ante Arturo, lanzou un bo disparo que se foi por alto rozando o longueiro. Por certo que o Ortoño quedouse con dez aos vinte e cinco minutos aproximadamente, cando Bolaño viu a segunda amarela. Ata o descanso, o Ames foi incapaz de empatar, pero deixou sensación de que en calquera momento podería chegar o gol. Na reanudación, o Ames saíu decidido a anotar, e conseguiuno Nito nun magnífico lanzamento de falta. O seu disparo, potente e abaixo, sorprendeu a Arturo, que rozou o esférico pero non puido evitar o empate. Co empate, ambos conxuntos baixaron o ritmo debido ao abafante calor rexistrado na tarde do domingo. Durante uns quince minutos o xogo perdeuse en balonazos sen sentido e mediocampismo caótico. Pouco a pouco o Ames recuperou forzas e trenzou novas triangulacións perigosas ás que se sumaron Miki e Pelícano no costado dereito. E nisto chegou o 2-1 para o Ortoño nun corner que sorprendeu á defensa amiense. O atacante local rematou só ante Dani poñendo por diante aos seus. Con apenas un cuarto de hora por diante, o Ames lanzouse á desesperada a polo empate. Pose acompañou a Nito na dianteira, con Juansiño e Coleguín polas bandas. Atrás entraron Iván e Moncho para darlle aire a unha defensa extenuada. E o gol chegou cando restaban uns cinco minutos para o final. Antes, Pose puido marcar nun remate de cabeza tras un córner, e Miki viu como lle repelían un bo disparo desde a frontal. Tamén Juansiño cruzou demasiado o seu disparo desde a dereita. O dito, o gol chegou novamente desde as botas de Nito, que recolleu un rexeite na área, preto da línea de fondo, e tras un amague, colou o esférico polo primeiro pao. Pese ás reclamacións dos xogadores do Ortoño por un posible fóra de xogo, parece ser que había un defensor a carón de Nito, e outro con Roi no segundo pao. Ao final, empate que deixa ao Ames e ao Ortoño na sexta e sétima praza.
miércoles, 3 de septiembre de 2008
Os votos da última enquisa dan ao Ames entre os 5 primeiros da liga
Bastante optimismo se desprende desta última enquisa, xa que a opción máis votada, con 10 dos 25 votos rexistrados, sinala que o Ames quedará entre os 5 primeiros clasificados da liga. Pola contra, a seguinte opción na lista foi "entre os postos 15 e 17", con 6 votos. Detrás veñen "entre os postos 11 e 14", con 5 votos, "en postos de ascenso" con 3 votos, e "entre o 5º e o 10º" cun só voto. Sen votos quedou a opción "noveno posto". A ver que vos parece a seguinte enquisa. A votar que é divertida!!
martes, 2 de septiembre de 2008
Os internautas cren que gañará a liga o Madrid
Dos 13 votos que se deron nesta enquisa, 6 foron para o Real Madrid, 3 para o Atlético de Madrid, 2 para o Villarreal, un para Barcelona e Valencia e ningún para o Sevilla. A ver quen acerta. En breve porei outra enquisa nova, pero agora que comezamos mes, e cumprimos 9 xa no blog, temos un dato que ofrecervos: neste tempo visitáronnos máis de 3.000 veces, o que non está nada mal. Ala, a seguir participando no blog. E vide entrenar!!!!!!!!!!!!!
O blog do Ames estrea contido: a Liga Fantástica!!!
Para facer máis animado o blog durante a semana, ademais das enquisas, imos comezar a puntuar aos xogadores da plantilla segundo rendemento. Para iso, ímonos guiar polo sistema de puntuación da "Fantasy Football Premier League", que é unha especie de Liga Fantástica coma a que fai o diario Marca pero a través de Internet e con mellores baremos de puntuación. Aquí vos desgrano a táboa de puntuacións, e adxunto link para aqueles que lles guste a Premier e queiran facer un equipo e xogar en rede: www.premierleague.com:
Por participar nun partido: 1 punto
Por xogar polo menos 60 minutos: 2 puntos
Por cada gol anotado por un porteiro ou defensa: 6 puntos
Por cada gol anotado por un centrocampista: 5 puntos
Por cada gol anotado por un dianteiro: 4 puntos
Por cada asistencia de gol: 3 puntos
Cada vez que un porteiro e un defensa manteñan a portería a 0, tendo xogado cando menos 60 minutos: 4 puntos
Cada vez que un centrocampista manteña a porta a 0, tendo xogado polo menos 60 minutos: 1 punto
Cada 3 paradas dos porteiros: 1 punto
Por cada penalti parado: 5 puntos
Cada penalti fallado: -2 puntos
Puntuación extra para os 3 mellores xogadores de cada partido: entre 1 e 3 puntos a repartir polos tres mellores.
Por cada 2 goles concedidos polos porteiros e a defensa: -1 punto
Por cada tarxeta amarela: -1 punto
Por cada cartón vermello (sumando ademais, de se-lo caso, o cartón amarelo anterior): -3 puntos
*Se un xogador é expulsado, séguenselle descontando os goles encaixados polo equipo despois da súa expulsión.
Ben, este é o sistema que usan neste xogo de Internet sobre a Premier, nós despois de cada partido imos sumar os puntos positivos e negativos de cada xogador e ir colgando no blog as puntaucións de cada un nese partido, e a clasificación xeral. A ver quen é o mellor xogador da temporada!!!
P.D.: Pode parecer moi lioso, pero non é tanto, póñovos un exemplo: no partido contra o Rois, Juansiño xogou máis de 60 minutos (2 puntos), deu unha asistencia de gol (3 puntos) e marcou outro gol (4 puntos por ser dianteiro), polo que sumaría 9 puntos nesa xornada. E así con cada un!!!!! Ala, ata a noite, vide entrenar!!!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)