Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

domingo, 16 de enero de 2011

O Ames arranca o ano cunha sufrida victoria ante o Villestro B (2-1)

O Ames comenzou o 2011 conseguindo tres puntos moi valiosos ante un rival directo na zona baixa, o Villestro B, onde xoga o noso antigo compañeiro Adrián Domínguez, que posou para este blog con Fran e con Chete, recordando o seu pasado amiense.
O encontro foi moi igualado, aínda que o que comezou levando a iniciativa foi o conxunto visitante. De feito, adiantouse pronto, cun gol de Héctor Balbona, que driblou a Dani na saída e marcou a pracer nunha contra sobre o minuto 10. Tralo gol, o Ames espertou e comezou a nutrir con balóns a Nito, moi activo en ataque durante todo o partido.
O Villestro B seguí levando moito perigo á contra, pero o Ames pouco a pouco ía chegando con certo perigo á meta visitante. Juansiño tivo unha ocasión clarísima dentro da área, pero o seu lanzamento de primeiras foise alto, lambendo o longueiro.
O premio chegaría sobre o minuto 35, cando un saque de banda desde a banda dereita foi cabeceado por Nito a gol, anticipándose ao seu defensor e ao porteiro rival na súa saída. Así se chegou ao descanso, con moita igualdade e con dominio alterno dos dous equipos.
Na reanudación, o Balboa deu entrada a Miki e a Roi no medio do campo, e o equipo notouno, con minutos moi bos onde apareceu o xogo combinativo e novas ocasións para o Ames. Nito estivo a piques de anticiparse á saída do porteiro tras dous pases medidos de Miki, pero non houbo éxito.
O Ames non foi quen de matar o partido neses 20 minutos de dominio, e o Villestro B sacudiuse un pouco esa presión e fixo un par de chegadas perigosas, que apenas inquietaron a Dani. Tan só reseñar un posible penalti de Fran por unha carga a un atacante dos visitantes. Sí pitou penalti o colexiado na área do Villestro B, tras unha man logo dun remate de Nito.
Héctor, que entrara mediada a segunda parte, encargouse de transformar a pena máxima e darlle ao Ames os primeiros tres puntos do ano, abandonando e penúltima posición en detrimento do Villestro B.


No hay comentarios:

Fotos do Ames