Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

lunes, 18 de octubre de 2010

O Ames non puido co Deixebre (1-1)

Ames e Deixebre xogaron un partido de urxencia na parte baixa da clasificación. Os locais foron mellores na meirande parte do encontro, e incluso puideron facer distancia no marcador, pero finalmente o Deixebre apretou e arañou un punto. O Ames foi mellor na primeira parte, con varias ocasións a balón parado e un par de remates perigosos. Mediada a primeira metade chegaba o 1 a 0. Miki colgaba unha falta ao segundo pao, onde entraba Juansiño libre de marca... entre o vento e o lateral visitante, truncaron a oportunidade do extremo amiense, que non puido rematar. Sí o fixo Marcos, que aproveitou o rexeite do defensor do Deixebre, para empalar un disparo a bote pronto coa súa perna esquerda que se colou polo pao corto. Marcos tería pouco despois un man a man que a piques estivo de poñer o 2 a 0. Tamén Jorge tivo unha boa oportunidade, o seu remate atopou varias pernas no camiño e por pouco non se cola na meta do Deixebre. Novamente Jorge estivo preto do gol, tras unha falta lanzada con potencia por Miki, pero o remate do centrocampista local marchouse lambendo o poste. Na segunda metade houbo mais ocasións para o Ames. Roi desaproveitou un novo man a man, no que intentou sen éxito bater por riba ao gardamallas do Deixebre. Na recta final do partido, os visitantes apretaron e meteron ao Ames na súa área. Sobre o minuto 75 chegou o empate, tras un barullo na área que atopou éxito colándose na portería local. E incluso o empuxe do Deixebre case lle da a victoria. Finalmente, empate que ten mellor sabor para os visitantes, e que deixa ao Ames decimosegundo con 1 punto. A vindeira semana, importante encontro ante O Xa Chegou.

1 comentario:

Diego Villaverde dijo...

Hola xente!! Creei unha conta de gmail común para que aqueles aos que vos de problemas para entrar e comentar o poidades facer a través dela...

Os que a queirades usar só tedes que teclear en nombre de usuario o seguinte esedeames@gmail.com. A contraseña pedídella a Miguel ou pregúntadema a min directamente a través do móvil, sms, facebook, tuenti ou demais vías... xD...

Ao usar sairá sempre o nome de "esedeames" polo que estaría ben que cada comentario fose firmado ao final. Algo así como esto. Diego

Fotos do Ames