Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

domingo, 24 de octubre de 2010

Primeira victoria e festival de goles entre o Ames e O Xa Chegou (7-1)

Á quinta foi a vencida. O Ames sumou a súa primeira victoria da temporada ante o colista, O Xa Chegou, que se plantou no Mar de Ovellas de Castiñeiro do Lobo con cinco defensas e unha liña defensiva moi adiantada. O Ames saíu de inicio con Dani na portería, Moncho e Pi nos laterais e Fran e Manu no centro da defensa. Che sitouse diante da defensa, acompañado na medular por Miki e Roi. Juansiño escorouze á dereita e Héctor á esquerda, mentres que Nito foi o dianteiro.
O Ames adiantouse pronto, aos dez minutos, despois de que Juansiño se plantase ante o porteiro tras un despexe de Moncho. O extremo amiense bateu por riba ao porteiro visitante, adiantado aos de Balboa. O segundo e o terceiro gol do Ames chegaron xuntiños, ambos anotados por Héctor. O primeiro deles de penalti e o segundo na súa conta particular, tras un erro defensivo que o ariete de Carreira aproveitou para poñer o 3 a 0.
O cuarto gol non se fixo esperar, uns 5 minutos despois, e tras unha boa xogada colectiva. Nito plantouse na área tras regatear a dous defensas e cedeulle o esférico a Miki, que marcou a placer. Co 4 a 0 e con pouco xogo nos últimos compases da primeira parte chegouse ao descanso.
Na reanudación, O Xa Chegou reduciría distancias tras unhas polémicas e dudosas mans de Pi na área, sinaladas polo colexiado desde a outra parte do campo. Xusto despois do saque de centro, Miki lanza directo a meta, obligando ao porteiro visitante a facer unha parada e enviar o esférico a córner. Tamén de penalti cometido sobre Juansiño chegaría o 5 a 1. Fran foi o encargado de lanzar e anotar o seu primeiro tanto da temporada.
O encontro seguiu con dominio do Ames, que encerrou ao seu rival na área, tendo varias oportunidades que foron invalidadas por fóra de xogo. O sexto gol chegou tras un saque de esquina botado por Penido, no que Nito se adianta polo primeiro pao enviando o balón ao fondo das mallas. Nito tamén estaría acertado no 7 a 1, anotando o seu segundo gol despois dun par de rexeites na área visitante.
Con esta victoria, a primeira da temporada, o Ames suma 4 puntos e ascende á novena posición da táboa. A vindeira xornada visita A Baña nun apaixonante encontro ante un rival directo. Ademais dos tres puntos, os xogadores do Ames desfrutarán dunha copiosa cea que a directiva prometeu ao acadar a primeira victoria. A desfrutar e a seguir traballando!!!

1 comentario:

Unknown dijo...

Gran victoria, sí señor!!!! A seguir así!!. Diego

Fotos do Ames