Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

martes, 27 de octubre de 2009

O Ames derrota ao Paraguayo Santiago nun encontro duro que se decidiu a balón parado (1-0)

Tras dúas derrotas consecutivas a domicilio, o Ames acadou este domingo a segunda victoria da temporada (a segunda en Castiñeiro do Lobo) ante un rival novo na categoría que aínda non coñecía a derrota. O encontro foi intenso e con tramos de pouco fútbol. Ningún dos equipos se facía dono do esférico, e o Paraguayo Santiago comezou a empregarse con certa dureza. Iso si, o colexiado apareceu sempre aplicando o regulamento con xustiza. Pouco a pouco o Ames foi levando máis a iniciativa no xogo e achgándose á área rival. Miki probou fortuna a balón parado en posición lonxana, e o seu remate saíu a centímetros do poste. O conxunto visitante só chegaba nalgún córner e en balóns colgados á área, sempre sen demasiado perigo. O Ames puido adiantarse tras un remate de Neo logo dun centro de Adrián, pero o balón foise alto. Pouco despois chegou unha das xogadas clave do encontro. O colexiado ensinoulle a segunda amarela ao capitán visitante ao non seguir as súas indicacións de quitar os aneis e obxectos perigosos, aviso que deu antes de comezar o encontro. Antes do descanso, Roi puxo en apuros ao conxunto visitante, cun remate que pasou preto do poste. Na segunda metade, o partido converteuse nun ir e vir, e ao pouco de comezar o Ames adiantouse no marcador. Miki lanzou unha falta sen demasiada colocación, o porteiro non atrapa ben o balón, e aparece Fran para fusilar ao fondo das mallas coa perna esquerda, situándose coma o pichichi do Ames en liga. O Ames puido ampliara súa vantaxe pouco despois, pero o árbitro non interpretou penalti sobre Miki nun córner botado por Adrián. O Paraguayo Santiago crearía perigo novamente a balón parado, cunha falta que pasou preto da escuadra da meta defendida por Juan. A defensa amiense estivo unha vez máis a un gran nivel, cortando os pases interiores do mediocampo paraguayo, e deixando aos seus atacantes en fóra de xogo. Os visitantes só apretarían na recta final do encontro, onde o Ames tamén puido matar o encontro. Neo provocou coa súa presión que o porteiro visitante non atallase o esférico, pero o seu remate escorado non atopou portería. O Paraguayo tería un par de chegadas no último tramo do partido, con dous balóns rexeitados polo poste que puxeron a proba os nervos da afección amiense. Finalmente, o equipo sumou a segunda victoria da temporada, situándose oitavo con 6 puntos. A vindeira semana toca un duro enfrontamento coa Sionlla. A por eles!!!

2 comentarios:

Frannavaro dijo...

eu creo que o arbitro foi correcto, cortando o xogo duro deles que foi bastante excesivo, e a unica pega que lle poño e o penalti que non pitou, e que lle fixeron a miki que pa min foi claro. un saludo dieguiño!!!!!

Diego Villaverde dijo...

grande fran!!!! q siga a racha e a darlle duro á sionlla que sempre son encontros difíciles!!!

Fotos do Ames