Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 6 de octubre de 2009

O Ames arranca a temporada cunha victoria en Castiñeiro do Lobo ante o Resmón (2-1)

O Ames arrancou os compromisos oficiais da temporada 2009-2010 rompendo a tendencia negativa da pretemporada e confirmando a melloría amosada ante o Bertamiráns B no último amigable. O retorno a Castiñeiro do Lobo, cun día húmido e co campo rápido, beneficiou aos locais, que saíron moi motivados e cun ritmo alto desde o principio. O Ames levou a iniciativa no xogo, con chegadas perigosas a balón parado, cunha falta perigosa de Diego, e sobre todo, coa velocidade de Neo. Precisamente o ariete amiense debutou en encontro oficial con gol. Tras un par de chegadas de aviso, preto da metade do primeiro tempo Miki sacou rápido unha falta lateral, Neo anticipouse ao defensa e cabeceou abaixo. O campo mollado acabou de impulsar o esférico cara dentro das mallas sen que o porteiro visitante o puidese atallar. Case sen tempo de dixerir o primeiro gol do Ames, o Resmón encaixou o segundo tanto. Os locais executaron á perfección unha xogada ensaiada nun saque de esquina. Miki sacou desde o córner esquerdo cara a frontal da área mentres Fran, Nito e o resto dos atacantes arrastraron aos defensas cara a área pequena. Entanto, Diego iniciou o desmarque cara o interior da área co resto, pero a metade de camiño veu cara atrás, rematando a pracer de tiro cruzado raso ao pao longo. A celebración do gol de Diego, que se despedía dos seus compañeiros e da afición, foi moi emotiva, con adicatoria do zurdo a tódolos seus compañeiros. O Ames, coa comodidade do dous a cero, seguiu atacando e Diego puido facer o terceiro tras unha pelexa de Neo co defensor, pero o seu remate foise alto. Tamén Fran e Diego puideron marcar o terceiro tras un córner de Miki, que rozaron. Na segunda metade, o Ames baixou a intensidade, e atacou menos, pero defendeuse das acometidas do Resmón. Con máis balóns en longo, perdeuse toque por ámbolos dous equipos. O Ames apenas sufría coas chegadas do Resmón, pero tampouco se progaba moito en ataque, tan só reseñar un tiro lonxano de Adrián en semivaselina que case sorprende ao gardamallas visitante, e un remate acrobático de Neo tras centro desde a esquerda. O Resmón reduciu distancias a falta duns quince minutos logo dunha segunda xogada nun córner. Ao final apretou e insistiu con balóns longos á área amiense. A defensa local pasou algún apuro máis pero solventou o partido coa primeira victoria e cos primeiros tres puntos no casilleiro. A seguir nesta liña compañeiros!!

7 comentarios:

Diego Villaverde dijo...

Compañeiros, como tratei de facer no campo o gol dedícovo-lo a todos vós, por tódolos momentos entrañables que pasei e que penso seguir pasando co equipo e con cada un de vós. Foi a despedida soñada, cun gol fermoso froito do traballo colectivo destas últimas semanas, e cunha celebración tan emotiva. Gracias a todos pola sorte que me estades dedicando estes días tanto en persoa coma no facebook jejeje, que saibades que xa me confirmaron no Master!!! Vouvos botar moito de menos, vémonos o martes que heime pasar a saudarvos antes de marchar de todas todas

Adrián dijo...

Un pracer Diego, se tal fai ficha e algún Domingo libre ven a xogar 10 minutiños ou 15 jajajaja

Que che vaia ben no Máster e dentro de dous anos a ver se están falando do Ames como equipo a batir na Copa do Rei, digo do Sar xD

Boa victoria esta, agora a pola segunda!

Diego Villaverde dijo...

a ficha teñoa renovada, así que non vos ides librar tan fácilmente de min jajaja, gracias adri!!, de momento a ver se son capaz de manter o blog desde a distancia jajaja

Frannavaro dijo...

bueno diego que todo che vai moi ben por madrid,sabes que aqui te votaremos de menos tanto a nivel de compañeiro de quipo como de amigo,e por suposto nas timbas de poker tamen,jejeje!!! esta ben que fixeras ficha asi nas festas se ves ainda podras xogar un ratiño, algo bo tiña que ter o calendario deste ano,jeje!!
veña coidate e xa falamos!!!
e para os demais so decir que traballando con ganas e entrenando ben podemos facer unha boa tempada,asi que a curralo... ata venres!!

Diego Villaverde dijo...

jejeje, gracias fran, vou entrenar duro para a ponte de decembro a ver se os "místeres" me dan cancha jajajaja, teño o calderón a 800 metros, igual vou probar e todo xDD

Frannavaro dijo...

tes o calderon a 800mtrs pero a fabrica mahou na tes moito mais lonxe,jejejeje. coidate neno!!!!

Diego Villaverde dijo...

tamén é verdade jejeje, é enorme, a ver se copnsigo unhas gharrafas pa traervos, eso sí, se ganades ñó costoia!! sorte!!

Fotos do Ames