Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

jueves, 28 de febrero de 2008

O Ames cae derrotado ante o Montaos nun partido igualado

O Ames saíu durmido ao campo en Montaos e na primeira xogada recibiu un gol, iso si, despois de que o dianteiro local e rematase en fóra de xogo. O gol serviu para que o Ames se centrase e comezase a dominar o xogo. O equipo saíu a diante tocando o calón con certo criterio e apretou con tres ocasións claras a portería do Montaos. Coleguín tivo o empate nas súas botas, pero o seu remate no segundo pao foise desviado. Nito rozou coa cabeza un par de centros de Diego desde o lado esquerdo pero tampouco houbo sorte. Desde o gol, o Montaos apenas inquietou a meta defendida unha semana máis por Juansiño. No inicio do segundo tempo o Montaos aproveitou algúns desaxustes defensivos para facer tres contras perigosas, a última delas, a que supuxo o gol da sentencia. O Ames seguiuno intentando con pouco acerto, e ante as malas artes dalgúns xogadores do Montaos, que quedaron sen amonestar. Partido igualado que deixa ao Ames na novenza praza por enésima semana, e ao Montaos máis preto do ascenso.

No hay comentarios:

Fotos do Ames