Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

sábado, 22 de marzo de 2008

Bo papel dos xuvenís na fase comarcal da Compostela Cup

O mércores 19 os xuvenís foron a Ferrol a desputar a seguinte fase da Compostela Cup. Fixeron un gran papel ante equipos de superior categoría, entre eles o Rácing de Ferrol de División de Honra. Os resultados foron: Rácing Vilalbés 1-0 Ames, Raio Sadense 1-0 Ames, e Rácing de Ferrol 5-0 Ames. Papel digno e unha grata experiencia destes rapaces de primeiro ano a maioría, non hai esquece-lo, e ante equipos de maior entidade. Destacaron Sergio e Cacha, moi ben en defensa. A seguir mellorando.  

O Ames case remonta en Cures no encontro de volta da Copa do Sar

Foi un partido moi igualado o do Xoves Santo en Cures, non en van o resultado final foi de empate a dous goles, o que lle deu o pase aos de Boiro tralo 1-2 rexistrado en Covas na ida. O Ames levou a iniciativa nos primeiros minutos, e adiantouse por mediación de Barri ao pouco de comezar. O 0-1 cos equipos aínda sen asentar sentoulle peor ao Ames, e o Cures empatou pronto nunha xogada de claro fóra de xogo. O resto do primeiro tempo foi de dominio alterno e sen demasiadas ocasións. Diego e Manolo desaproveitaron un rexeite nunha falta lateral pero os seus controis fóronse lonxe e por último atallou o porteiro. Na segunda metade, o Ames saíu un pouco máis clamado e con mellores intencións, pero o que se adiantou foi o Cures, tras remate de cabeza nun córner. Coa prórroga xa imposible, o Ames necesitaba dous goles e lanzouse a por eles. O empate chegou tras un penalti clamoroso a Juansiño que se foi cara ó lateral e foi derrubado polo porteiro. Diego acertou desde os once metros e abriu as esperanzas con quince minutos por diante. Defensa de tres e ao ataque por un gol que dese o pase. As ocasións foron chegando no medio das contras do Cures, que apenas inquietaron a Félix. Manolo, Miki e Juansiño trenzaron combinacións perigosas, coma a que derivou no penalti. Na recta final, Juan Pose "cativo" intentouno nunha xogada individual, con dous amagues e disparo de fóra da área que bateu nun defensor. Miki tivo a última oportunidade nunha chilena que atallou o porteiro sen apenas dificultades. Resultado de 2-2, boas sensacións, pero agora a pensar na recta final da liga. 

martes, 18 de marzo de 2008

Horarios dos partidos e da Compostela Cup

Mañá en Ferrol os xuvenís xogan a segunda fase da Compostela Cup do Camiño 2008, logo de quedar campións da fase local en Bertamiráns ó derrotar ao Milladoiro e superar en goalaverage ao Val do Ulla. Pois eso, mañá van a Ferrol ben cediño porque ás 10:40 debutan contra o Rácing Vilalbés, logo descansan ata as 12:20, cando lles tocará enfrontarse ao Raio Sadense, para rematar contra o Rácing de Ferrol ás 13:10. Os partidos serán de un tempo de 35 minutos de duración, e xogaránse no campo de herba natural das instalacións deportivas de A Gándara. O campión de grupo desputará a final ás seis da tarde contra o vencedor do outro grupo, no que están o Arzúa, o Residencia, o Burela e o Ánimas. A ver que pasa.
O xoves, os modestos temos o encontro de volta da Copa do Sar en Cures, logo de perder inxustamente por 1-2 en Covas en decembro. Agardamos poder remontar. E nada máis, na fin de semana que vén non hai xornada de ningún dos nosos equipos, polo que teremos o blog un pouquiño máis parado, pero animádevos a votar e algunha cousiña irei poñendo, teño algunha estadística por aí que haberá que cogar!! Alá, vémonos mañá ou o xoves en Cures.

lunes, 17 de marzo de 2008

Novo empate do Ames ante un candidato ao ascenso

22ª Xornada 16/03/2008

Dubra B

5

0

Touro

Costoia

0

1

Calo B

Trazo

5

2

Tordoia B

AMES

0

0

Sigüeiro

Deixebre

5

1

Resmón

Ortoño

2

2

Luaña

Montaos

-

-

Descansa




CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

1º

Luaña

46

21

14

4

3

58

25

2º

Sigüeiro

42

20

12

6

2

49

17

3º

Ortoño

40

20

12

4

4

48

21

4º

Montaos

40

19

12

4

3

47

17

5º

Trazo

37

19

11

4

4

50

20

6º

Deixebre

34

20

10

4

6

44

26

7º

Costoia

29

21

8

5

8

51

33

8º

Calo B

29

20

9

2

9

36

38

9º

AMES

19

20

4

7

9

30

44

10º

Dubra B

17

21

4

5

12

24

49

11º

Resmón

16

21

3

7

11

20

39

12º

Touro

10

20

3

1

16

15

102

13º

Tordoia B

6

20

1

3

16

22

63



GOLEADORES CSD AMES:


Llello

7

Nito

2

Diego

6 (2p.)

Benito

1

Miki

5

Chete

1

Barri

2

Manolo

2

Juansiño

2

Coleguín

2

O "tío Antonio" vence na enquisa sobre o aficionado máis fiel dos modestos

O tío de Diego e Miki resultou ser o aficionado máis fiel do equipo de modestos tralo remate da segunda enquisa do noso blog. Con seis votos, o "tío Antonio" arrasou por diante da moza de Miki, os pais de Cool e Juan Pose "cativo", que se quedaron en tres votos. En penúltimo lugar quedou a familia de Juansiño con un único voto, e no farolillo vermello o colega de Casal con cero votos. Ando maquinando nunha nova enquisa, a ver que se me ocorre porque non che é nada doado!! Ala, ata dentro dun anaco que porei a clasificación.

O Ames empata sin apuros co Sigüeiro e apreta unha vez máis a zona alta

O Ames estáse convertendo no xuíz dos equipos candidatos ao ascenso. Primeiro a victoria sobre o Ortoño, logo o empate coa Luaña con remontada incluída, e agora un novo empate que apreta aínda máis a cabeza da clasificación. O Sigüeiro renunciou a xogar a pelota e dedicouse todo o partido a colgar balóns e a meter patadóns á área que unha boa defensa do Ames se encargou de despexar sen problema. Cun medio do campo peleón e un gran Roi baténdose o cobre coa defensa visitante, o Ames controlou o partido sen apuros e tivo as súas chegadas para poder levarse o partido. Desde o inicio o equipo rival bombeu balóns fáciles para os defensores, ben colocados e ben dirixidos por un bo Félix mandando desde atrás. Os únicos apuros viñeron nalgunha xogada na que a defensa non deu adiantado as liñas polo excesivo pelotazo do Sigüeiro, pero os seus tiros saíron desviados. Roi tivo unha boa oportunidade para adiantar ao Ames, pero a sua volea ó borde da área saíu preto do primeiro pao. Na segunda metade, os cambios reforzaron o medio do campo do Ames e o Sigüeiro viuse máis apurado. Juansiño puxo en xaque á banda dereita dos visitantes cunha galopada desde a defensa ata a área rival que rematou nun centro perigoso pero sen éxito. Félix sacou co pé nunha gran intervención a única oportunidade clara do Sigüeiro na segunda parte. Empate a ceros, e agora toca remontar na Copa!!!

viernes, 14 de marzo de 2008

Horarios dos partidos desta fin de semana

Moi boas!! O sábado entramos na recta final da tempada para as categorías inferiores. Os infantís viaxan a Calo para xogar alí ás once da mañá. Quédanlles tan só tres encontros, a ver se podemos cantar algunha victoria máis dos nosos cativos. Os xuvenís teñen unha boa oportunidade para levarse os tres puntos da Escravitude tamén o sábado (12:00). Na ida perderan por tres a dous despois de ir vencendo 2-0. A eles quédanlles dous partidos nada máis. Xa o domingo, os modestos recibimos ao Sigüeiro, candidato firme ao ascenso, ás 16:30 en Covas. A ver se levo a cámara de fotos e ampliamos o catálogo!! E a ver se o damos todo para conseguir unha nova victoria que a xente estáse animando sobre todo nos partidos da casa. Hai que seguir nesta liña e apretar moito máis que o outro día en Remsón. Ánimo chavales!!!

Fotos do Ames