O 8 de decembro de 2009, o Ames perdía 1-0 na Luaña, cando Fran, a uns dez minutos do final, enganchaba unha perfecta bolea a tres cuartos de campo, establecendo a o empate co que se chegaría ao remate do encontro. Con este gol, Fran situábase na xornada 11 como pichichi do Ames, con 4 goles (finalizaría a Liga con 5).
A votación polo mellor gol da temporada quedou así:
1º A bolea de Fran na Luaña (3 votos - 27%)
2º A reviravolta de Neo ante o Deixebre (2 votos - 18%)
2º O gol de Miki en Chaián (2 votos - 18%)
2º A vaselina de Adrián ao Rial (2 votos - 18%)
5º O chupinazo de Moncho na Sionlla (1 voto - 9%)
5º A xogada ensaiada de Diego ao Rial (1 voto - 9%)
Déixovos outra enquisa para ir abrindo boca de cara á vindeira temporada. Recordade que o Ames caeu derrotado na Copa de Ames fronte ao Agrón ( 3-0 e 2-5). Este blog tomaráse un pequeno descanso nos meses de verán, pero seguiremos informando puntualmente das novidades que haxa no Ames, e poñendo algunha nova enquisa sobre o Mundial e sobre o noso equipo. Boas vacacións!!
3 comentarios:
Chavales!!! Vémonos o venres que disque hai cea!!! Ímoslles botar unhas patadas antes ou como hai Mundial xa imos directamente ao bar???? Teño mono de balón e do Ames!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
miki dixome de ir ver o partido de francia, pero por in case xogamos unha pachanga mellor, a ganas de furbol!!!!!! vemonos neno!!
válenme as dúas opcións jejeje, hai que ver como perde Francia!! U-ru-gua-yo!!!!
Publicar un comentario