Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

miércoles, 3 de junio de 2009

O Bertamiráns golea ao Ames no encontro de volta da Copa de Ames (1-6)

Non puido ser, ao final o Bertamiráns impuxo o seu poderío físico (e numérico, xa que o Ames xogou toda a segunda metade con dez) e levouse a eliminatoria de cuartos de final da Copa de Ames cun resultado demasiado abultado. O partido tivo historia ata o minuto 47. O retorno a Castiñeiro do Lobo foi bastante agrio, xa que aos 3 minutos o Bertamiráns marcou nun rexeite dentro da área e puxo a eliminatoria costa arriba. Pero o Ames repúxose e pronto pisou a área rival con chegadas de certo perigo a cargo de Nito e Juansiño. Sobre o minuto 20, Nito lanzou unha falta a unha certa distancia. O lanzamento, potente, deu un bote xusto a carón do porteiro, que rexeitou o esférico. Alí apareceu Adrián para facer a igualada e devolver a ilusión ao Ames. Entretanto, o colexiado co encontro sacou a súa versión máis chulesca e sacou catro amarelas, tres a xogadores locais e unha a un do Bertamiráns, por protestar, cando houbo tres ou catro patadas en ambos bandos que ben merecían a cartulina. O Bertamiráns reclamou un penalti preto do descanso, e Paco tivo que ser sustituído por Moncho xa que o calor lle pasou unha mala pasada. O Ames tivo un par de remates dentro da área que o puideron adiantar, e tamén Fuentes interviu nunha gran parada que salvou ao equipo. Os visitantes terían que ter quedado con dez homes, pero o referee sabía ben o que facía e sacoulle a amarela a outro xogador do Bertamiráns. Todo cambiou na segunda parte. Na primeira acción de ataque visitante o Bertamiráns marcou o segundo, e na xogada seguinte, o árbitro botou a Miki por dobre amarela. O equipo descompúxose con dez, con peor forma física, e desquiciado polas decisión arbitrais, xa que cada acción defensiva do Ames era castigada con falta, distinto raseiro ao utilizado co rival. Chama a atención que veñan a arbitrar dous linieres e un colexiado e que ningún saiba as regras do torneo, ata se amosaron incrédulos cando se lles lembrou (o escrito enviado á Federación xa indicaba esa posibilidade) que podía haber prórroga e penaltis. En fin, que moi mermados pola calor e o baixón físico e mental, o Bertamiráns matou o partido á contra con varios goles nos que ademais estiveron acompañados pola fortuna. Agora a descansar e a preparar a temporada que vén!!

3 comentarios:

Diego Villaverde dijo...

Bueno, olvideime de comentar o tiro de Juansiño que sacou o porteiro creo lembrar que con certos apuros, e o "asustados" que estaban os do Bertamiráns no descanso, non as tiñan todas consigo e a xente de fóra parece que rajaba bastante, os propios seguidores do Bertamiráns, do seu propio equipo... en fin, todo isto non vale de nada trala malleira que levamos na segunda parte, pero o partido cambiou moito coa expulsión, vimos todo perdido xa... veña, non lle dou máis voltas que me ferve o sangre...

Frannavaro dijo...

diego pa ser periodista,eres bastante rajador e cizañero,jeje creo que te deberias dedicar a prensa rosa...jejejeje
vemonos venres,"chavalitos"!!!

Diego Villaverde dijo...

oh, aquí que podo, no ámbito profesional teño que manter as formas jejeje, ata venres

Fotos do Ames