Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

martes, 12 de agosto de 2008

Primeiro amigable de pretemporada con derrota (2-1)

O Ames desputou este sábado o primeiro amigable da temporada no marco das festas da Peregrina en Bertamiráns. O encontro serviu para calibrar as novas fichaxes pero tamén para comprobar o potencial dun rival na liga coma o Bertamiráns B. A cousa foi ben no primeiro tempo, pero a superioridade do Ames non se reflectiu no marcador. O Ames tocou ben nos primeiros corenta e cinco minutos, pero o gol non chegou. Llello non puido batir ao meta rival tras driblar a tres contrarios na área, pois resbalou cando se dispoñía a marcar. Diego lanzou unha falta que o gardamallas do Bertamiráns despexou a córner con apuros. O filial dos de Budiño apenas inquietou na primeira metade. Na reanudación, o Ames adiantouse nunha contra ben finalizada por Llello, pero dez minutos de páxara déronlle alas aos da casa, que primeiro nun córner directo, e logo nun remate de cabeza dentro da área, levantaron o marcador. A partires de aí, o Ames dominou con boas combinacións entre Miki, Pose, Nito e Roi, pero non houbo sorte. Miki lanzou un tiro de fóra que o porteiro rexeitou ao longueiro. Outros puideron marcar en varias chegadas pero o sábado non houbo fortuna. Proba satisfactoria porque, pese ao resultado houbo bastantes minutos de bo fútbol. O domingo, amigable ás 7 en Rois. E hoxe, a entrenar todos!!!

3 comentarios:

a dijo...

A ver se me animo a ir entrenar :D

Llello dijo...

Diego, hai k poñer k pitufo fallou duas cantadas(k lle din eu, por certo)ou é k so fallei eu?!!!XD

Diego Villaverde dijo...

Llello, o que pasa é que estamos acostumados a que ti falle pero Pitufo aínda acaba de chegar e non sabemos como anda de puntería jeje!! É broma meu, vemonos á noite!!

Fotos do Ames