Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

miércoles, 21 de julio de 2010

O Ames competirá a vindeira campaña no grupo 8º da Terceira Autonómica

O Ames competirá na campaña 2010/2011 no grupo 8º da Terceira Autonómica, que estará formado un ano máis por 14 conxuntos. Apenas hai novidades con respecto á temporada pasada, continúan os mesmos rivais salvo os ascendido Ortoño e Bertamiráns B, que deixan o seu sitio a dosu históricos da categoría, que baixaron da Segunda Autonómica: a SD A Baña e mailo Agrón. Así pois, o Ames só terá os derbis contra o Costoia e o Agrón este ano, partidos sempre cargados de intensidade e sana rivalidade. Estes son os 14 equipos que competirán no grupo oitavo:

  1. A Baña
  2. Agrón
  3. Vila de Ordes
  4. Ames
  5. Resmón
  6. Costoia
  7. Sionlla
  8. Chaián
  9. Rial
  10. Paraguayo Stgo.
  11. Luaña
  12. Tordoia
  13. Trazo
  14. Deixebre
Unha vez se celebre o sorteo subiremos o calendario completo do Ames para o que vaiades analizando e comentando. Un saúdo!!

Os usuarios de esedeames.blogspot.com pronosticaron a victoria de España no Mundial

Logo dos trece votos emitidos na enquisa sobre o gañador do Mundial, os nosos usuarios tiveron claro, xa que os sufraxios foron únicamente para dúas seleccións: España e Arxentina. Así quedaorn repartidos os votos:

  1. España (8 votos - 61%)
  2. Arxentina (5 votos - 39%)
En breve teredes a vosa disposición unha nova enquisa e maila composición do grupo para a vindeira campaña. A desfrutar do verán!!

sábado, 19 de junio de 2010

Os usuarios coinciden na necesidade de ter adestrador para o ano que vén

A última enquisa do noso blog, que preguntaba aos usuarios sobre o que máis necesita o Ames para o próximo ano, deparou os seguintes resultados:

  1. Outro adestrador (4 votos - 66%)
  2. Un home de ataque (1 voto - 16%)
  3. Facer máis ceas (1 voto - 16%)
Xa tedes dispoñible unha nova enquisa sobre o Mundial, votade!!

lunes, 7 de junio de 2010

O gol de Fran na Luaña foi escollido o mellor gol da temporada

Xa temos os datos da votación sobre o mellor gol da temporada que vén de rematar. Os once votos rexistrados estiveron moi repartidos, deixando a Fran como autor do mellor tanto da temporada.
O 8 de decembro de 2009, o Ames perdía 1-0 na Luaña, cando Fran, a uns dez minutos do final, enganchaba unha perfecta bolea a tres cuartos de campo, establecendo a o empate co que se chegaría ao remate do encontro. Con este gol, Fran situábase na xornada 11 como pichichi do Ames, con 4 goles (finalizaría a Liga con 5).
A votación polo mellor gol da temporada quedou así:

1º A bolea de Fran na Luaña (3 votos - 27%)
2º A reviravolta de Neo ante o Deixebre (2 votos - 18%)
2º O gol de Miki en Chaián (2 votos - 18%)
2º A vaselina de Adrián ao Rial (2 votos - 18%)
5º O chupinazo de Moncho na Sionlla (1 voto - 9%)
5º A xogada ensaiada de Diego ao Rial (1 voto - 9%)

Déixovos outra enquisa para ir abrindo boca de cara á vindeira temporada. Recordade que o Ames caeu derrotado na Copa de Ames fronte ao Agrón ( 3-0 e 2-5). Este blog tomaráse un pequeno descanso nos meses de verán, pero seguiremos informando puntualmente das novidades que haxa no Ames, e poñendo algunha nova enquisa sobre o Mundial e sobre o noso equipo. Boas vacacións!!

viernes, 7 de mayo de 2010

O Ames inicia a Copa do Concello ante o Agrón

Trala contundente derrota do Ames por 0-8 ante o Deportivo Sar na Copa do Sar, o conxunto amiense espera mellorar a imaxe e conseguir un resultado que invite ao optimismo ante o Agrón na Copa do Concello (que se disputa este e o próximo fin de semana).

Doutra banda, a última enquisa do noso blog, quedou cos seguintes resultados (tras rexistrarse 19 votos):

¿Cal é a frase do ano de entre as perlas soltadas polos xogadores do Ames?
  1. Che a Neo tras perder 8-0 co Vila de Ordes: "Non tiñan nada" (7 votos - 36%)
  2. Cool: ¿Estás ben ou estás coma sempre? (6 votos - 31%)
  3. Chete: Está o partido jodido, vou ter que entrar eu (4 votos - 21%)
  4. Adrián: Costoume adaptar a esta Liga (2 votos - 10%)

martes, 13 de abril de 2010

O Ames mediráse ao Deportivo Sar na segunda ronda da Copa do Sar

A Delegación de Santiago da Federación Galega de Fútbol ven de realizar o sorteo para a primeira e segunda ronda da Copa do Sar. O Ames salvou por sorteo a primeira ronda, pero terá que enfrontarse na segunda ao Deportivo Sar, campión do grupo 8º da Terceira Autonómica, que cometirá a próxima temporada na Segunda categoría Rexional. A primeira ronda, que se desputará o 25 de abril a partido único no campo do primeiro, deparou os seguintes enfrontamentos:

Praíña-Ortoño
Dodro-Cacheiras
Brión-Agrón
Cordeiro-Bugallido

O groso de emparellamentos da segunda ronda, que se celebrará o 2 de maio tamén a partido único no campo do primeiro, é o seguinte:

Atl. Oleiros-Cures
Lesende-X. Aguiño
Olveira-Cabo de Cruz
Taragoña-Galicia Bealo
Crocha-Abanqueiro
Xuño-Dep. Unión
Puebla-Palmeira
Caamaño-Atl. Terras
Furia-Rois
Bastavales-Esclavitud
Carcacía-Pazos
Biduido-Rarís
Bertamiráns-S. Antonio
Ribasar-Luaña
Ames-Dep. Sar
Ganador: Praiña/Ortoño-Ganador: Dodro/Cacheiras
Ganador: Brión/Agrón-Ganador Cordeiro-Bugallido
Recesende-Silleda
Estudiantil-Callobre
Bandeira-Vea
Lestedo-San Mamed
Prevediños-Lamela
Ponte Camporrapado-Sp. Estrada
Piloño-Val do Ulla
Berres-Sigüeiro
Trazo-Villestro
O Pino-Resmón
Deixebre-Dep. Conxo
A Baña-Vila de Ordes
Dubra B-Chaián
Tordoia-Portomouro
Montaos-Rial

A terceira ronda desputaráse a dobre partido os días 9 e 16 de mayo. En caso de superar ao Deportivo Sar, o Ames cruzaráse co gañador da eliminatoria que saia da ronda previa Praíña-Ortoño e Dodro-Cacheiras.

lunes, 12 de abril de 2010

A enquisa sobre o pichichi acertou co gañador: ¡Miki!

Trala remontada ante o Deixebre, Miki e Neo quedaron empatados como pichichis do equipo. Así quedou a táboa final de goleadores.

Miki

7 (1 p.)

Neo

7

Fran

5 (1 p.)

Nito

5

Diego

3

Roi

3 (1 p.)

Juansiño

3

Adrián

2

Moncho

1

Gamarra

1
















Os votos da enquisa sobre o gañador do pichichi acertaron en Miki, aínda que ninguén previu os dous goles de Neo que o igualarían na cabeza da táboa. Así quedou a votación tralos 8 votos rexistrados:
  1. Miki, que manterá a vantaxe de dous goles sobre Fran, Nito e Neo (4 votos)
  2. Roi, que marcará nos últimos encontros tódolos penaltis que fallamos ao longo da temporada (2 votos)
  3. Diego, déixate de pamplinas, todo vai quedar como está (2 votos)
Xa tedes á vosa disposición unha nova enquisa, proposta polo noso compañeiro Moncho, ¡que chispa ten!

Fotos do Ames