Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

jueves, 2 de septiembre de 2010

Adrián recibirá o abrazo dos seus ex compañeiros no encontro contra o Villestro B

A última enquisa do noso blog quería ter un detalle con Adrián Domínguez, ex xogador do Ames agora enrolado no Villestro B. Encadrados no mesmo grupo na Terceira Autonómica, quedaba por ver que pasaría o día do reencontro con seus antigos compañeiros. Así quedou a enquisa que preguntaba sobre iso:

  1. Darlle un abrazo (4 votos - 40%)
  2. Zouparlle como quen non quere a cousa (3 votos - 30%)
  3. Abuchea-lo ata que volva para o Ames (2 votos - 20%)
  4. Quentarlle as canillas con cariño (1 voto - 10%)
En breve teredes colgada outra enquisa. Saúdos!!

miércoles, 18 de agosto de 2010

O Ames visita a Luaña na primeira xornada ligueira

O pasado martes celebrouse na sede da Delegación de Santiago da Federación Galega de Fútbol o sorteo do Campionato de Liga do grupo 8º da Terceira Autonómica, que deparou os seguintes emparellamentos:

Tordoia-Chaián
Luaña-Ames
Villestro B-O Xa Chegou
Resmón-A Baña
Vila de Ordes-Paraguayo Stgo.
Rial-Trazo
Deixebre-Agrón

A primeira xornada de Liga celebraráse o domingo 26 de setembro. Non haberá xornada de Liga os días 5 e 26 de decembro, e mailo 2 de xaneiro. Con respecto ao ano pasado, desaparecen o Costoia e maila Sionlla, e participan por primeira vez no grupo o Villestro B e O Xa Chegou. Non está asegurada a participación do Paraguayo Santiago, que solicitou competir no grupo de Santiago. A súa petición foi denegada, polo que se están plantexando se finalmente saen ou non a competir. En canto teñamos o calendario completo colgarémolo no blog. Un saúdo a todos e a adestrar duro!!





Os usuarios escollen ao Agrón e ao Tordoia como equipos máis fortes do grupo

A pouco máis dun mes para o inicio da temporada, os nosos internautas ven a priori ao Agrón e ao Tordoia coma os dous equipos máis potentes do grupo 8º da Terceira Autonómica, onde competirá unha vez máis o Ames. Así quedou a votación:

1º Agrón (4 votos - 40%)
1º Tordoia (4 votos - 40%)
3º Vila de Ordes (2 votos - 20%)

En breve colgaremos unha nova enquisa e mailo resultado do sorteo da primeira xornada de Liga, que se celebrará o vindeiro 26 de setembro.

miércoles, 21 de julio de 2010

O Ames competirá a vindeira campaña no grupo 8º da Terceira Autonómica

O Ames competirá na campaña 2010/2011 no grupo 8º da Terceira Autonómica, que estará formado un ano máis por 14 conxuntos. Apenas hai novidades con respecto á temporada pasada, continúan os mesmos rivais salvo os ascendido Ortoño e Bertamiráns B, que deixan o seu sitio a dosu históricos da categoría, que baixaron da Segunda Autonómica: a SD A Baña e mailo Agrón. Así pois, o Ames só terá os derbis contra o Costoia e o Agrón este ano, partidos sempre cargados de intensidade e sana rivalidade. Estes son os 14 equipos que competirán no grupo oitavo:

  1. A Baña
  2. Agrón
  3. Vila de Ordes
  4. Ames
  5. Resmón
  6. Costoia
  7. Sionlla
  8. Chaián
  9. Rial
  10. Paraguayo Stgo.
  11. Luaña
  12. Tordoia
  13. Trazo
  14. Deixebre
Unha vez se celebre o sorteo subiremos o calendario completo do Ames para o que vaiades analizando e comentando. Un saúdo!!

Os usuarios de esedeames.blogspot.com pronosticaron a victoria de España no Mundial

Logo dos trece votos emitidos na enquisa sobre o gañador do Mundial, os nosos usuarios tiveron claro, xa que os sufraxios foron únicamente para dúas seleccións: España e Arxentina. Así quedaorn repartidos os votos:

  1. España (8 votos - 61%)
  2. Arxentina (5 votos - 39%)
En breve teredes a vosa disposición unha nova enquisa e maila composición do grupo para a vindeira campaña. A desfrutar do verán!!

sábado, 19 de junio de 2010

Os usuarios coinciden na necesidade de ter adestrador para o ano que vén

A última enquisa do noso blog, que preguntaba aos usuarios sobre o que máis necesita o Ames para o próximo ano, deparou os seguintes resultados:

  1. Outro adestrador (4 votos - 66%)
  2. Un home de ataque (1 voto - 16%)
  3. Facer máis ceas (1 voto - 16%)
Xa tedes dispoñible unha nova enquisa sobre o Mundial, votade!!

lunes, 7 de junio de 2010

O gol de Fran na Luaña foi escollido o mellor gol da temporada

Xa temos os datos da votación sobre o mellor gol da temporada que vén de rematar. Os once votos rexistrados estiveron moi repartidos, deixando a Fran como autor do mellor tanto da temporada.
O 8 de decembro de 2009, o Ames perdía 1-0 na Luaña, cando Fran, a uns dez minutos do final, enganchaba unha perfecta bolea a tres cuartos de campo, establecendo a o empate co que se chegaría ao remate do encontro. Con este gol, Fran situábase na xornada 11 como pichichi do Ames, con 4 goles (finalizaría a Liga con 5).
A votación polo mellor gol da temporada quedou así:

1º A bolea de Fran na Luaña (3 votos - 27%)
2º A reviravolta de Neo ante o Deixebre (2 votos - 18%)
2º O gol de Miki en Chaián (2 votos - 18%)
2º A vaselina de Adrián ao Rial (2 votos - 18%)
5º O chupinazo de Moncho na Sionlla (1 voto - 9%)
5º A xogada ensaiada de Diego ao Rial (1 voto - 9%)

Déixovos outra enquisa para ir abrindo boca de cara á vindeira temporada. Recordade que o Ames caeu derrotado na Copa de Ames fronte ao Agrón ( 3-0 e 2-5). Este blog tomaráse un pequeno descanso nos meses de verán, pero seguiremos informando puntualmente das novidades que haxa no Ames, e poñendo algunha nova enquisa sobre o Mundial e sobre o noso equipo. Boas vacacións!!

Fotos do Ames