O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
lunes, 17 de marzo de 2008
O Ames empata sin apuros co Sigüeiro e apreta unha vez máis a zona alta
O Ames estáse convertendo no xuíz dos equipos candidatos ao ascenso. Primeiro a victoria sobre o Ortoño, logo o empate coa Luaña con remontada incluída, e agora un novo empate que apreta aínda máis a cabeza da clasificación. O Sigüeiro renunciou a xogar a pelota e dedicouse todo o partido a colgar balóns e a meter patadóns á área que unha boa defensa do Ames se encargou de despexar sen problema. Cun medio do campo peleón e un gran Roi baténdose o cobre coa defensa visitante, o Ames controlou o partido sen apuros e tivo as súas chegadas para poder levarse o partido. Desde o inicio o equipo rival bombeu balóns fáciles para os defensores, ben colocados e ben dirixidos por un bo Félix mandando desde atrás. Os únicos apuros viñeron nalgunha xogada na que a defensa non deu adiantado as liñas polo excesivo pelotazo do Sigüeiro, pero os seus tiros saíron desviados. Roi tivo unha boa oportunidade para adiantar ao Ames, pero a sua volea ó borde da área saíu preto do primeiro pao. Na segunda metade, os cambios reforzaron o medio do campo do Ames e o Sigüeiro viuse máis apurado. Juansiño puxo en xaque á banda dereita dos visitantes cunha galopada desde a defensa ata a área rival que rematou nun centro perigoso pero sen éxito. Félix sacou co pé nunha gran intervención a única oportunidade clara do Sigüeiro na segunda parte. Empate a ceros, e agora toca remontar na Copa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario