O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
viernes, 14 de marzo de 2008
Horarios dos partidos desta fin de semana
Moi boas!! O sábado entramos na recta final da tempada para as categorías inferiores. Os infantís viaxan a Calo para xogar alí ás once da mañá. Quédanlles tan só tres encontros, a ver se podemos cantar algunha victoria máis dos nosos cativos. Os xuvenís teñen unha boa oportunidade para levarse os tres puntos da Escravitude tamén o sábado (12:00). Na ida perderan por tres a dous despois de ir vencendo 2-0. A eles quédanlles dous partidos nada máis. Xa o domingo, os modestos recibimos ao Sigüeiro, candidato firme ao ascenso, ás 16:30 en Covas. A ver se levo a cámara de fotos e ampliamos o catálogo!! E a ver se o damos todo para conseguir unha nova victoria que a xente estáse animando sobre todo nos partidos da casa. Hai que seguir nesta liña e apretar moito máis que o outro día en Remsón. Ánimo chavales!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario