O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
lunes, 17 de marzo de 2008
O "tío Antonio" vence na enquisa sobre o aficionado máis fiel dos modestos
O tío de Diego e Miki resultou ser o aficionado máis fiel do equipo de modestos tralo remate da segunda enquisa do noso blog. Con seis votos, o "tío Antonio" arrasou por diante da moza de Miki, os pais de Cool e Juan Pose "cativo", que se quedaron en tres votos. En penúltimo lugar quedou a familia de Juansiño con un único voto, e no farolillo vermello o colega de Casal con cero votos. Ando maquinando nunha nova enquisa, a ver que se me ocorre porque non che é nada doado!! Ala, ata dentro dun anaco que porei a clasificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario