O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
sábado, 22 de marzo de 2008
O Ames case remonta en Cures no encontro de volta da Copa do Sar
Foi un partido moi igualado o do Xoves Santo en Cures, non en van o resultado final foi de empate a dous goles, o que lle deu o pase aos de Boiro tralo 1-2 rexistrado en Covas na ida. O Ames levou a iniciativa nos primeiros minutos, e adiantouse por mediación de Barri ao pouco de comezar. O 0-1 cos equipos aínda sen asentar sentoulle peor ao Ames, e o Cures empatou pronto nunha xogada de claro fóra de xogo. O resto do primeiro tempo foi de dominio alterno e sen demasiadas ocasións. Diego e Manolo desaproveitaron un rexeite nunha falta lateral pero os seus controis fóronse lonxe e por último atallou o porteiro. Na segunda metade, o Ames saíu un pouco máis clamado e con mellores intencións, pero o que se adiantou foi o Cures, tras remate de cabeza nun córner. Coa prórroga xa imposible, o Ames necesitaba dous goles e lanzouse a por eles. O empate chegou tras un penalti clamoroso a Juansiño que se foi cara ó lateral e foi derrubado polo porteiro. Diego acertou desde os once metros e abriu as esperanzas con quince minutos por diante. Defensa de tres e ao ataque por un gol que dese o pase. As ocasións foron chegando no medio das contras do Cures, que apenas inquietaron a Félix. Manolo, Miki e Juansiño trenzaron combinacións perigosas, coma a que derivou no penalti. Na recta final, Juan Pose "cativo" intentouno nunha xogada individual, con dous amagues e disparo de fóra da área que bateu nun defensor. Miki tivo a última oportunidade nunha chilena que atallou o porteiro sen apenas dificultades. Resultado de 2-2, boas sensacións, pero agora a pensar na recta final da liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario