O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
sábado, 22 de marzo de 2008
Bo papel dos xuvenís na fase comarcal da Compostela Cup
O mércores 19 os xuvenís foron a Ferrol a desputar a seguinte fase da Compostela Cup. Fixeron un gran papel ante equipos de superior categoría, entre eles o Rácing de Ferrol de División de Honra. Os resultados foron: Rácing Vilalbés 1-0 Ames, Raio Sadense 1-0 Ames, e Rácing de Ferrol 5-0 Ames. Papel digno e unha grata experiencia destes rapaces de primeiro ano a maioría, non hai esquece-lo, e ante equipos de maior entidade. Destacaron Sergio e Cacha, moi ben en defensa. A seguir mellorando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario