O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
martes, 30 de noviembre de 2010
O Ames desperdicia unha ventaxa de dous goles e volve cun punto de Rial (2-2)
O Ames visitou a semana pasada o campo do Rial, o vello feudo do Dubra, unha visita sempre complicada e un terreo onde o Ames apenas logrou vencer. Fronte ao Rial, o encontro comezou moi ben, co equipo ben plantado e co dominio do esférico. As ocasións foron chegando e Nito foi o primeiro en acertar co gol. Unha falta directa ben colocadiña pola escuadra e lanzada con precisión por riba da barreira do Rial puxo o 0-1 no marcador. Héctor tería dúas ocasións para poñer o segundo a favor do Ames, pero en sendas picadas por riba do porteiro non estivo acertado. Sí atinou cando tras un mal rexeite do gardamallas locais, o esférico acabou preto del e anotou coa porta baleira. Co 0-2 chegouse ao descanso, con dominio visitante tanto no xogo coma no tanteo. Co paso dos minutos, o Rial apretou e meteu outro dianteiro, para xogar directo e pouco a pouco ir metendo ao Ames na súa área. O 1 a 2 chegou tras unha falta por man involuntaria de Miki na frontal da área. O 2-2, tras un penalti moi riguroso sinalado polo colexiado, o que deixou o resultado final nunhas tablas non moi xustas polo exposto no campo. O positivo, que o Ames, trala derrota en casa co Agrón, volve pola boa senda. A vindeira semana, descanso con motivo da ponte da Constitución e o día 12, partido en Castiñeiro fronte ao Vila de Ordes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario