O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
miércoles, 10 de marzo de 2010
O Vila de Ordes destroza ao Ames cunha contundente goleada (8-0)
O Ames visitou o sábado o campo de Vista Alegre para mediarse a un dos candidatos ao ascenso, o Vila de Ordes. O partido comezou tolo, con tres goles do conxunto local en dez minutos, de igual xeito que comezara o encontro da primeira volta en Castiñeiro. O Ames anotaría un gol en propia meta, e logo un penalti cometido por Carba e un erro defensivo deixarían o marcador nun contundente tres a cero para o Vila de Ordes. Lonxe de reaccionar coma no encontro de ida, o Ames desesperouse e o Ordes non deixaba de facer dano polas bandas, ante unha defensa visitante moi adiantada. Isto xenerou novas oportunidades do conxunto local, que chegou ao descanso cun cinco a cero ao seu favor. O Ames saíu ao segundo tempo coa esperanza de parar o vendaval do Vila de Ordes, e o marcador mantívose igual ata o minuto 70. O Ames puido reducir distancias cun tiro ao pao de Roi e nun par de chegadas de Neo nas que non acertou a definir. O Vila de Ordes seguía chegando con moito perigo e creando moitas ocasións, anotando tres goles máis ata deixar o resultado no oito a cero final. Tan só lamentar a mala actitude unha vez máis (e xa van unhas cantas) dalgúns xogadores do Vila de Ordes, encarándose con Roi e dándolle patadas cando o árbritro non estaba pendente deles. En fin, ao final, oito a cero e a pensar no próximo partido, ante un rival directo coma a Luaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario