O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
miércoles, 10 de febrero de 2010
Derrota do Ames ante o Chaián (2-1)
O Ames caeu derrotado por 2 goles a 1 na súa visita a Chaián do pasado domingo. Os amienses desputaron un bon encontro, serios en defensa e moi ben colocados no campo. Na primeira parte só houbo unha coasión para cada equipo. O Chaián intentaba tocar desde atrás, pero o Ames presionaba ben, obrigando aos locais a buscar aos seus dianteiros con balóns en longo. A defensa visitante estaba moi cómoda e despexaba sen problema. En ataque, o Ames agardaba chegar á contra, e nun dos poucos achegamentos foi que de adiantarse. Miki recolleu un rexeite ao borde da área e disparou a porta. O seu lanzamento foi desviado por un defensor local, e o esférico cambiou a súa traxectoria deixando ao porteiro a contrapé. O Ames chegaría ao descanso co 0-1 ao seu favor. E iso que o Chaián tivo unha oportunidade moi clara antes do remate da primeira metade. Un balón en longo pillaría saíndo á defensa do Ames, quedando un dos atacantes locais só ante Juan. O seu remate de vaselina daría no longueiro e perderíase pola liña de fondo. Na segunda parte o Ames sairía un pelín despistado e o Chaián máis enchufado. O empate para os locais chegaría aos 10 minutos da reanudación. Un dos homes de banda do Chaián collería o balón no lateral e cruzando cara á área visitante batería a Juan cun disparo raso e duro. Tralo empate o Ames chegaría máis arriba e tería máis manexo de balón, pero sería o Chaián o que se adiantase a falta de quince minutos para o remate do encontro nun gol calcado ao primeiro, pero polo pao contrario. Finalmente o Chaián levouse os tres puntos, pero o Ames tralo visto nos últimos encontros está plantexando os encontros dun xeito máis serio. O vindeiro partido será o domingo fronte ao Trazo en Castiñeiro do Lobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario