O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
lunes, 19 de octubre de 2009
O balón parado decide o derbi entre o Ortoño e o Ames (3-1)
O Ames caeu derrotado na segunda saída e no segundo derbi da temporada. O balón parado foi protagonista xa que os catro goles do encontro viñeron dese xeito. O encontro foi trabado desde o principio, con moitos paróns e pouco xogo por ambos bandos. O Ortoño golpeou primeiro, empuxando ao fondo das mallas un balón que quedou rexeitado na área tras un saque de falta lonxano. Pero o Ames, cun gran traballo defensivo (sobre todo Fran e Manuel freando aos dianteiros locais), botouse adiante e pronto lograría o empate. Nun saque de esquina botado por Adrián, Miki deu un pase ao punto de penalti, onde apareceu Fran para igualar o partido. Chegouse ao descanso con moita igualdade e co equipo mellorando a imaxe do domingo anterior ante o Costoia. Na segunda metade o guión foi o mesmo, con pouco fútbol e moito físico. Aos quince minutos marcaría o Ortoño o segundo gol, noutra falta lateral que roza Roi e na que Adrián non consegue adiantarse ao atacante local, superando a Juan co seu remate. Pouco despois de marcar o segundo, o Ortoño poría a sentencia nun remate de cabeza no segundo pao que baixaría un pouco os ánimos do Ames. A partir dese momento o partido endureceuse, sen demasiadas ocasións e con algunha entrada fóra de tono. Con esta derrota por 3-1, o Ames baixa ao décimo posto con tres puntos. O vindeiro encontro será en Castiñeiro do Lobo este domingo ás 16:30 fronte ao Paraguayo Santiago.
Vamos cona! Ten que chegar a segunda victoria na casa como sexa!!
ResponderEliminar