O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
lunes, 10 de agosto de 2009
O Bertamiráns B derrota ao Ames pola mínima no primeiro amigable da pretemporada (1-0)
O filial do Bertamiráns impúxose no trofeo "mini" Café don Budi da Peregrina (no grande gañou o Bertamiráns 1-0 ao Negreira), tras superar ao Ames pola mínima. Máis que un partido típico de pretemporada, foi un partido típico entre estes dous conxuntos. Unha vez máis, e xa van unhas cantas o partido tivo dúas caras. Na primeira parte, o Bertamiráns B sacudiuse pronto do bo inicio amiense e do seu bo facer en labores defensivas e de presión na dianteira e no medio, pero pronto controlou o esférico e aproveitou os ocos entre a zaga e a medular para entrar con perig polas bandas. O gol chegou tras un centro desde a dereita perfectamente cabeceado ás mallas por Brasi, iso si, recuando de posición de fóra de xogo. O Ames creou perigo a balón parado cunha falta potente de Diego e outra rasa de Miki que rexeitou o porteiro local. Tamén Neo se amosou moi activo arriba no seu debut, cun par de boas combinacións con Juansiño que non se acabaron de concretar. Na reanudación viuse a outra cara do Ames, con menos distancia entre liñas e máis chegada e pegada na área rival. O Bertamiráns B non rematou entre os tres paos con perigo, e chegaba só nalgún balón longo que apenas apuraba á zaga visitante. Tocaba atrás ante un Ames mellor plantado, que aproveitaba a boa presión arriba de Juansiño e Nito para facer dano saíndo á contra. Nos mellores minutos amienses sucedéronse varias ocasión de perigo que puideron dar o empate. A mellor ocasión foi unha vaselina de Pi que saíu rozando o longueiro tras unha falta de entendemento entre a zaga e o porteiro local. Juansiño e Nito tamén rozaron o gol tras varios pases en longo desde o medio e a defensa, pero o porteiro local saíu a tempo. Na recta final Paco tivo a última oportunidade tocando coa punteira un centro de Pi desde a esquerda, que finalmente atallou o gardamallas do Bertamiráns B. Ao final, os locais leváronse o trofeo pola mínima. Convén destacar o bo debut non só de Neo, senón tamén de Adrián, Carballido e Burguer, así como dos xuvenís que estiveron á altura como xa demostraron a temporada pasada. Logo, todos xuntos celebrámo-la festa coas empanadas e refrescos cos que nos agasallou Don Budi ao remate. Ata a noite...
No hay comentarios:
Publicar un comentario