O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
lunes, 31 de agosto de 2009
O Ames acusa o calor e cae derrotado en Rois no terceiro amigable da pretemporada (4-1)
Un verán máis o Ames trasladouse a Rois para enfrontarse no tradicional amigable ao conxunto local. Desta volta os locais estiveron máis acertados no remate e leváronse a victoria con comodidade, ante un Ames que aínda se está conxuntando e que acusou as elevadas temperaturas da tarde do domingo. O equipo encaixou pronto o primero gol, tras medir mal Fran por culpa do sol un balón en longo que apoveitou o dianteiro local para bater a Carba. Pouco a pouco o Ames comezou a combinar en defensa e do medio cara ás bandas, chegando ocasións con Juansiño e Neo, que puido empatar nunha bolea que se foi alta. Pero en xeral as transicións do Ames eran moi lentas, sen claridade de ideas e co equipo bastante estático. A cousa mellorou na recta final da primeira metade e no inicio da segunda. O Ames tiña o balón no seu poder e non deixaba achegarse ao Rois, que creara moitos problemas na primeira parte. Tocando atrás chegaron algunhas ocasións con centros desde a banda de Diego, Paco ou Juansiño que por pouco non eran rematados por Nito e Neo. Mentres tanto, o Rois anotou o segundo gol nunha contra, pero pronto o Ames marcou por mediación de Paco, que desde a banda colgou un balón á área que se tragou o porteiro, ben molestado no salto por Neo. Pero o equipo perdeu fuelle e non tivo paciencia co balón nos pés e pronto se diluíu o dominio, deixando paso a novas contras do Rois, que anotou dous novos goles sentenciado o partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario