O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
martes, 26 de mayo de 2009
Bertamiráns e Biduido collen ventaxa nos cuartos de final da Copa de Ames
Ortoño 1-1 Costoia
Bertamiráns 1-o Ames
Biduido 1-0 Bugallido
Agrón (descansa)
As semifinais serán este domingo ás 6 da tarde. A adestrar toca!!
lunes, 25 de mayo de 2009
O Bertamiráns toma ventaxa nos cuartos de final da Copa de Ames (1-0)
martes, 19 de mayo de 2009
O Bertamiráns FC cumpre 75 anos de historia a piques de enfrontarse ao Ames
10:00 horas - Misa na Honra da Virxe da Peregrina
10:30 horas - Inauguración da exposición "75 anos de algo máis que un club, o Bertamiráns FC, un sentimento", que xa podedes visitar desde onte no Pazo da Peregrina
12:00 horas - Partido conmemorativo entre os veteranos do Bertamiráns FC e a SD Compostela, no Campo de fútbol Municipal (o de herba artificial onda o Polideportivo).
14:30 horas - Descubrimento da placa honorífica do 75 aniversario no Campo das Pateiras.
15:00 horas - Comida conmemorativa no Campo das Pateiras.
17:00 horas - Actividades varias: música-baile e inchables para os cativos nas Pateiras.
20:00 horas - Clausura do 75 aniversario.
Pois nada, agardamos que o desfruten a tope e que veñan ben cansadiños e resacosos ao encontro de volta da Copa de Ames jejejeje. Tamén que saibades que o CSD Ames, e o resto dos clubs de fútbol do Concello, temos dúas invitacións para asistir á comida confraternizadora. A adestrar duro que temos unha eliminatoria importante esta fin de semana!!!
viernes, 15 de mayo de 2009
O Resmón e o Calo B amañaron co colexiado non xogar o penúltimo encontro da liga
martes, 12 de mayo de 2009
O Ames enfrontaráse ao Bertamiráns nos cuartos de final da Copa de Ames
Ortoño-Costoia
Bertamiráns-Ames
Bugallido-Biduido
(Agrón a semifinais)
Os encontros serán a dobre partido, os días 24 e 31 de maio. O gañador da eliminatoria entre o Ortoño e o Costoia, enfrontaráse no Municipal de Bertamiráns a partido único, ao gañador do encontro entre o Bertamiráns e o Ames. O Agrón xogará o mesmo día (7 de xuño salvo cambios), despois da primeira semifinal, contra o vencedor do emparellamento Bugallido-Biduido. A final en principio será o 14 de xuño tamén a partido único, salvo que Bertamiráns e Agrón cheguen lonxe na Copa do Sar. Pois ala, a adestrar que estes partidos son os que máis motivan. En breve teredes os puntos das dúas últimas xornadas e o ránking final de mellores da temporada en función desas puntuacións. Tamén a enquisa sobre o mellor xogador do exercicio 08/09 a criterio dos xogadores e seguidores. Saúdos
lunes, 11 de mayo de 2009
O Ames é apeado da Copa do Sar ante o Dodro (4-2)
jueves, 7 de mayo de 2009
Diego consegue o pichichi e Che triunfa na enquisa sobre a cea
1º Diego e Nito con 11 (4 votos - 36%)
2º Empatan os tres a 11 (2 votos - 18%)
2º Diego con 13 (2 votos - 18%)
3º Llello e Nito con 12 (1 voto - 9%)
3º Llello e Diego con 12 (1 voto - 9%)
3º Llello con 13 (1 voto - 9%)
Sobre a enquisa estrela destas últimas semanas, a nova de índole relixioso-afectiva que deu o noso compañeiro Che (NORABOA!!) foi a gran triunfadora da enquisa sobre a cea:
1º A nova que deu Che 9 votos (64%)
2º As aventuras en Santa Comba 4 votos (28%)
3º Os chistes no Bobber 1 voto (7%)
Por último, e con moita emoción na semifinal do Barcelona na Champions League, xa podemos dicir que 5 persoas acertaron o pronóstico da gran final. Iso si, a opción máis votada confiaba no Arsenal como o rival culé:
1º Arsenal-Barcelona 7 votos (43%)
2º Barcelona-Manchester 5 votos (31%)
3º Manchester-Chelsea 4 votos (25%)
En breve teredes os puntos finais da Liga, a crónica do encontro da Copa do Sar e a enquisa sobre o mellor xogador do mes de abril e a global sobre o mellor da temporada. Saúde!!!
miércoles, 6 de mayo de 2009
O Ames remata a liga na décima praza
| 34ª Xornada 03/05/2009 | |||
| Sionlla | 1 | 0 | Luaña |
| Vila de Ordes | 7 | 0 | Costoia |
| Calo B | 2 | 3 | Bertamiráns B |
| Tordoia B | 0 | 1 | Resmón |
| Descansa (T) | - | - | Deixebre |
| Brión | 6 | 2 | San Marcos B |
| Trazo | 3 | 1 | AMES Diego |
| Ortoño | 1 | 1 | Dubra B |
| Rial | - | - | Descansa |
CLASIFICACIÓN:
| Posto | Equipo | Puntos | X | G | E | P | GF | GC |
| 1º | Dubra B | 80 | 30 | 25 | 5 | 0 | 89 | 22 |
| 2º | Brión | 72 | 29 | 22 | 6 | 1 | 84 | 32 |
| 3º | Deixebre | 59 | 30 | 17 | 8 | 5 | 73 | 38 |
| 4º | Bertamiráns B | 57 | 30 | 16 | 9 | 5 | 65 | 39 |
| 5º | Vila de Ordes | 56 | 30 | 16 | 8 | 6 | 64 | 22 |
| 6º | CaloB | 54 | 30 | 17 | 3 | 10 | 64 | 43 |
| 7º | Trazo | 52 | 30 | 16 | 4 | 10 | 67 | 45 |
| 8º | Ortoño | 51 | 30 | 14 | 9 | 7 | 48 | 32 |
| 9º | Luaña | 38 | 30 | 11 | 5 | 14 | 49 | 56 |
| 10º | Resmón | 35 | 30 | 10 | 5 | 15 | 38 | 50 |
| 11º | AMES | 31 | 30 | 9 | 4 | 17 | 47 | 64 |
| 12º | Sionlla | 29 | 30 | 8 | 5 | 17 | 54 | 59 |
| 13º | Rial | 23 | 29 | 5 | 8 | 16 | 30 | 58 |
| 14º | Tordoia B | 22 | 30 | 6 | 4 | 20 | 36 | 72 |
| 15º | Costoia | 11 | 30 | 3 | 2 | 25 | 40 | 93 |
| 16º | San Marcos B | 4 | 30 | 1 | 1 | 28 | 20 | 143 |